Bases concurso de vídeo e fotografía #capturaou

Obxecto e ámbito O Inorde organiza o concurso de vídeo e fotografía #capturaou, unha iniciativa que pretende pór en valor a riqueza material e inmaterial da provincia e a súa capacidade como destino turístico cheo de experiencias. Descrición e mecánica Para participar, as persoas interesadas deberán enviar as súas fotografías e vídeos na provincia de […]

Obxecto e ámbito
O Inorde organiza o concurso de vídeo e fotografía #capturaou, unha iniciativa que pretende
pór en valor a riqueza material e inmaterial da provincia e a súa capacidade como destino
turístico cheo de experiencias.
Descrición e mecánica
Para participar, as persoas interesadas deberán enviar as súas fotografías e vídeos na
provincia de Ourense ao email: turismo@inorde.com A imaxe ou vídeo deberá recoller
calquera experiencia en establecementos, paisaxe, patrimonio ou calquer outro contexto de
Ourense.
Pode participar calquera persoa, tantas veces como desexe.
Coa inscrición, achegarase a seguinte documentación:
Nome e DNI do concursante.
Número de contacto.
Lugar e duración do concurso
Este concurso só terá validez no territorio da Provincia de Ourense desde o 10/08/2022 ata
o 30/09/2022, ambas as datas incluídas. Os nomes das persoas gañadoras do concurso
publicaranse o 10/10/2022.
Premios
Establécense os seguintes premios.:
1 premio: estancia nunha casa de turismo rural da provincia de Ourense con experiencia
enogastronómica para dúas persoas.
2 premio: experiencia termal con almorzo saúdable para dúas persoas.
3 premio: experiencia enogastronómica para dúas persoas.
Asemade, entre as persoas que compartan en Facebook e Instagram as fotos/vídeos baixo
o #ourensegenuina sortearánse camisetas corporativas OU.
A organización deste concurso porase en contacto coas persoas gañadoras por email ou
mensaxe directa a partir do día 10/10/2022 co fin de comunicarlles a obtención do premio e
darlles as indicacións para recollelo. Cada un dos gañadores deberá responder confirmando
que acepta o seu premio no prazo de 3 días naturais a contar desde o día seguinte ao da
comunicación. No caso de que algunha das persoas gañadoras non conteste no prazo
indicado para aceptar o premio, non cumpra algunha das normas deste concurso ou non
queira ou non poida aceptalo, quedará descartada. O premio non se trocará polo seu
importe en metálico nin por ningún outro. En caso de que o xurado atope que non hai
material coa correspondente calidade, a organización resérvase o dereito a deixar un ou
varios premios desertos.
Normas de control e seguridade
A organización resérvase o dereito a excluír participacións que conteñan elementos non
adecuados, ao seu xuízo. Non poderá participar nesta promoción ningunha persoa que, de
calquera xeito, participara na preparación desta promoción.
Dereitos
Os participantes no concurso foto e videográfico, polo mero feito de selo, garanten á
Diputación Provincial de Ourense que son titulares dos dereitos de propiedade intelectual
das fotografías e vídeos coas que concursan e manifestan que teñen expresa autorización
daquelas persoas cuxa apariencia ou imaxe sexa plasmada no material presentado, No
caso da aparición de menores de idade, garanten a expresa autorización dos tutores,
responsables ou pais do menor.
Os participantes no concurso foto e videográfico, polo mero feito de selo, ceden á
Diputación Provincial de Ourense, a título gratuíto, e por un prazo máximo de 10 anos, os
dereitos de imaxe, reproducción e comunicación pública das fotografías e vídeos; podendo
a Diputación Provincial de Ourense, durante ese prazo, utilizar o material, sempre no ámbito
das súas competencias.
Coa participación nesta promoción recoñécense e acéptanse estas bases. A organización
non se fai responsable de calquera consecuencia devinda do incumprimento destas bases.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *