Categoría: Actividades culturales Teatro Princial:"SOY UN NIÑO" - MOTI 2020


27 Decembro, 2020

Un neno nace, descobre o seu corpo, a natureza, unha árbore. Este neno percorre todas as etapas da vida: convértese nun mozo, pensa, diríxese á cidade. Alí vólvese un home, coñece a présa e o traballo. Desde a cidade, volve á súa árbore unha e outra vez, seguindo o camiño do corazón, á luz dos seus propios soños...

Soy un niño fala dunha infancia libre e creadora, e de como esa infancia acompaña ao ser humano toda a súa vida. Fala da fascinación dos soños e da necesidade de seguilos até o fin.

Teatro Princial:"SOY UN NIÑO" - MOTI 2020

View full calendar