A Emoción dos Viños en Celanova

O Mosteiro de Celanova acollerá os vindeiros días 8 e 9 de xullo a sétima edición de “A emoción dos viños”, na que participarán 80 adegas procedentes das cinco denominacións de orixe galegas, de Portugal e de diferentes lugares da xeografía española como Toledo, Xerez, Alacante, Zamora, Tenerife, ou Valencia. O sábado, o salón vitivinícola […]

O Mosteiro de Celanova acollerá os vindeiros días 8 e 9 de xullo a sétima edición de “A emoción dos viños”, na que participarán 80 adegas procedentes das cinco denominacións de orixe galegas, de Portugal e de diferentes lugares da xeografía española como Toledo, Xerez, Alacante, Zamora, Tenerife, ou Valencia. O sábado, o salón vitivinícola abrirá as súas portas de 11.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 21.00 horas, mentres que o domingo estará aberto só en xornada de mañá de 11.00 a 15.00 horas. Os interesados en asistir poderán reservar a súa entrada a través de internet ou mercala o mesmo día do evento por un importe de 15 euros para o sábado, 10 euros o domingo, ou 20 euros para os dous días, tendo un aforo limitado de 500 entradas. “.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *