Eventos de la semana

LunLuns MarMartes MérMércores XovXoves VenVenres SábSábado DomDomingo
18 Xaneiro, 2021
19 Xaneiro, 2021
20 Xaneiro, 2021
21 Xaneiro, 2021
22 Xaneiro, 2021
23 Xaneiro, 2021(1 event)

Categoría: Actividades culturales 8:00 pm: Teatro Principal: "ESPERANDO A GODOT" (teatro)

8:00 pm: Teatro Principal: "ESPERANDO A GODOT" (teatro)


23 Xaneiro, 2021

Godot é hoxe en día máis que unha obra de teatro, é un clásico do século XX. Forma parte da imaxinación colectiva. A forza, o humor, a poesía, a tenrura, a dor, a risa que nos transmite esta obra, metáfora da vulnerabilidade e a coraxe do ser humano, seguen vixentes. O público merece ver representada esta maravilla. Unha obra que Beckett definiu como horriblemente cómica.

Dous amigos, case irmáns, unha estraña parella que mentres están a esperar, falan, discuten, xogan, se desafían, reconcílianse, ámanse, repélense. Chega outra estraña parella, aínda máis estraña, o xogo diversifícase. Godot non chega, pero chega o seu emisario.

Raudales de humanidade en personaxes desamparados, errantes, desacoplados, que nos lembran que o ser humano, aínda en situacións moi difíciles, é capaz de levantarse ou polo menos como fai Estragón no final da obra, de volverse a pór os pantalóns, que, a falta de cinto, átase cunha humilde corda.

Un espectáculo fundamentado na humanidade e comicidade dos seus sensacionais actores, na palabra e o espazo, na poesía e o humor.

24 Xaneiro, 2021

Return to calendar Print