Un videoxogo promociona os recursos turísticos de Parada de Sil

“Tristán Téllez”, baseado na novela homónima, leva ao xogador a mergullarse polas pedras e castiñeiros da zona para descubrir e avanzar nunha trama sorprendente Ourense, 12 de abril de 2022.- O videoxogo interactivo “Tristán Téllez”, baseado na novela homónima, está a converterse nunha innovadora ferramenta turística do territorio ao fusionar no mesmo literatura, coñecementos e […]

“Tristán Téllez”, baseado na novela homónima, leva ao xogador a mergullarse polas pedras e castiñeiros da zona para descubrir e avanzar nunha trama sorprendente

Ourense, 12 de abril de 2022.- O videoxogo interactivo “Tristán Téllez”, baseado na novela homónima, está a converterse nunha innovadora ferramenta turística do territorio ao fusionar no mesmo literatura, coñecementos e promoción do destino. No primeiro capítulo desta iniciativa recreouse dun xeito totalmente pioneiro o Mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil, levándoo a un moto de xogo e permitindo así empregalo como escenario principal da primeira entrega de “Tristán Téllez”.

O xogador poderá mergullarse, a través desta revolucionaria ferramenta tecnolóxica, entre as pedras e os castiñeiros para descubrir e avanzar nunha trama sorprendente. Este xogo estará dispoñible desde o 15 de abril para a súa descarga gratuíta na páxina web do Concello de Parada de Sil, www.paradadesil.es ou na plataforma www.tristantellez.es.

Paralelamente, o fin de semana do 23 e 24 de abril realizarase un evento promocional onde o máis rápido en descifrar esta primeira trama, obterá un premio en metálico de 5.000 euros e unha estancia de fin de semana nun establecemento hoteleiro da zona.

Os 1.000 primeiros usuarios en rexistrarse terán unha pista para a competición: https://www.tristantellez.es/register

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *