Os Escarmentos son espellos do peor de nós mesmos, reproducións dos señores (e algunha que outra señora) avaros, soberbios e ególatras do proxecto Adopta Un Señor Importante que rematou o pasado 23 de xuño coa queima dos orixinais non adoptados.


 


Retratos figurativos de personaxes atemporais que Natasha construíu na busca de arquetipos, creados e imaxinados por ela uns e inspirados outros en personaxes da historia ou da ficción literaria e que formarán parte do Gran Libro dos Señores Importantes que presentará o vindeiro mes de decembro.


 


“Se non vales de exemplo, sé polo menos un bo escarmento”.