Na década pasada Bao Si Shun foi considerado polo Récord Guiness o home máis alto do planeta pero a verdadeira sona chegaríalle o día que conseguiu extraer, grazas ao seu longuísimo brazo, dúas boias de piscina do esófago duns golfiños, salvándoos así dunha morte certa. A noticia, publicada en todos os xornais do mundo, chamaba a atención, non tanto por ter salvado os golfiños, que tamén, senón porque amosaba dun xeito moi gráfico a necesidade de aceptar cada un de nós a súa diferenza e de ser aceptados como somos.


 


Baseada neste feito real, esta fábula de superación con final feliz foi premio Barriga verde de textos para monicreques na súa modalidade infantil no 2016.


 


Elenco: Larraitz, Inacio


 


Música: Benxamín Otero


 


Autor e dirección: Inacio Vilariño, Luchi


 


Deseño: Iván Suárez. Luchi Iglesias, Inacio Vilariño


 


Deseño son, música: Benxamín Otero


 


Deseño iluminación: José Angel Aller


 


Vestiario: Tero Rodriguez


 


Sala Azul.Auditorio municipal


 


Público +4anos


 


Duración: 50m