Un espectáculo infantil de títeres de luva, ideal para gozar en familia. A Marina encantaríalle viaxar polo mundo adiante. Un día, Moncho chega ao porto no seu veleiro ... pero nun descoido o pirata Ollo Birollo róuballe o barco e bótase ao mar. Tras 45 minutos de acontecementos, cumprirá Marina o seu soño de dar a volta ao planeta?


 


Elenco:Ton Arenas


 


Música: Kivitka, Riomski, Falsario


 


Sala Azul


 


Todos os públicos


 


Duración 45m