Auditorio de Ourense


A proposta parte dunha escenografía onde se mestura a natureza coas súas cores moi vivas, de súpeto todo muda, cunha luz negra, para unha ambientación onírica onde se destacan elementos novos e sorprendentes.


 


Unha aposta teatral baseada nas artes circenses e presentada con moito agarimo para os e as máis pequenas. Moitos estímulos nunha linguaxe sinxela, outro sentido do ritmo e do tempo con musica ao vivo e moitas sorpresas.


 


Elenco: Sérxio Crespo Gómez, Joao Alvim e Araujo, Miriam Crespo Gómez


 


Circo para bebés (ata 6 anos)


 


Dúas funcións: ás 18.00 e ás 19.00


 


Duración 40m