Fondo
     

Celebra no Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa o Día Internacional dos Museos

16-Mayo-2019 - 13:48:16 

O 18 de maio celebramos no Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa o Día Internacional dos Museos 2019; unha xornada para mirar ao pasado e construír futuro a través do coñecemento e a creatividade. Compartide connosco esta iniciativa participando nas diversas actividades que organizamos o vindeiro sábado:
  12:00 h: Visita Guiada Exposición estable
  12:30 h: Visita Guiada Castro de San Cibrao de Las
  16:30 h: Actividade Infantil: “Debuxa o teu Museo”
  18:00 h: Visita Guiada Castro de San Cibrao de Las (Itinerario completo interpretativo).
 
O obradoiro está dirixido a nenos e nenas entre 5 e 12 anos. Todas as actividades son gratuítas coa entrada ao Parque Arqueolóxico. Máis información e reservas no 988 267 285 ou en reservas@pacc.es

Compartir en Twitter