Fondo
     

Noite de Fiadeiro en Vilavidal Ramirás

08-Mayo-2019 - 10:53:57 

O vindeiro día 11 de Maio Ramirás converterase por decimo terceiro ano consecutivo no epicentro da música galega. A celebración da Noite de Fiadeiro recuperará a esencia dos antigos Fiadeiros da Comarca, aquelas reunións festivas de mozas e mozas que se xuntaban para bailar, tocar e cantar. A organización da mesma está ao cargo da Asociación Cultural e Xuvenil Rebulir, co Patrocinio do Concello de Ramirás, Deputación de Ourense, Abanca, Xunta de Galicia, Mosquera Vilavidal e Socitransa; así como a colaboración de diferentes entidades e empresas.
 
Para este Sábado a organización elaborou un programa de actividades para toda as idades, entre as cales se contemplan obradoiros, pasarúas, teatro de rúa, animacións, xogos, concertos, demostracións... así como a xa tradicional mostra de artesanía e gastronomía con decenas de postos. De novo retomarase o Fiadeiro Cativo, onde participarán varias escolas de música tradicional, poñendo en valor o que fan os máis pequenos durante todo o ano.
 
Os colectivos participantes, que suman un total de corenta, chegan de todos os recunchos de Galicia. Deste xeito, arredor de 400 persoas estarán implicadas na dinamización da noite, e sempre tendo como referencia a música tradicional e de raíz. Precisamente este é o elemento diferenciador desta celebración.

Compartir en Twitter