Avión celebrará a XIII edición da súa “Festa Mexicana”

A festa celebarase o vindeiro venres 11 de agosto

O Concello de Avión acollerá o vindeiro venres, 11 de agosto, a celebración da XIII edición da “Festa Mexicana” ofrecendo aos asistentes música en directo a cargo de mariachis, actividades para os máis cativos e gastronomía tradicional mexicana.
A festa comezará, como novidade, ás 18.30 horas, con actividades gratuítas dirixidas aos máis cativos entre as que se atopa o xogo da piñata, tradicional na cultura mexicana. Ademais, este ano, tamén haberá dúas piñatas para os adultos.
No apartado gastronómico, estarán presentes catro restaurantes mexicanos afincados en diferentes puntos de xeografía galega e cada un deles ofrecerá a súa especialidade. A partir das 21.00 horas, será a quenda para a música coas actuacións dos mariachis.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *