Events in Decembro 2020

Luns Martes Mércores Xoves Venres Sábado Domingo
30 Novembro, 2020(2 events)

N/A: Centro Cultural Marcos Valcarcel: CARA Á ESTREMA DO EIDO

N/A
29 Outubro, 2020 10 Xaneiro, 2021

1 Decembro, 2020(2 events)

N/A: Centro Cultural Marcos Valcarcel: CARA Á ESTREMA DO EIDO

N/A
29 Outubro, 2020 10 Xaneiro, 2021

2 Decembro, 2020(2 events)

N/A: Centro Cultural Marcos Valcarcel: CARA Á ESTREMA DO EIDO

N/A
29 Outubro, 2020 10 Xaneiro, 2021

3 Decembro, 2020(3 events)

N/A: Centro Cultural Marcos Valcarcel: CARA Á ESTREMA DO EIDO

N/A
29 Outubro, 2020 10 Xaneiro, 2021

8:30 pm: Auditorio Municipal de Ourense: REAL FILHARMONÍA DE GALICIA


3 Decembro, 2020

A Real Filharmonía de Galicia inicia o seu camiño en Santiago de Compostela en 1996. Paul Daniel é, desde 2013, o seu director titular e artístico, posto no que o precederon Helmuth Rilling e Antoni Ros Marbà. Está formada por cincuenta músicos de 17 nacionalidades diferentes.
PROGRAMA
Maximino Zuvalave, director.
Ludwig Van Beethoven (1770 – 1827) | Obertura Coriolano, op. 62 (1810) [8′]
Ludwig Van Beethoven (1770 – 1827) | Sinfonía nº 3 en Mi bemol Maior “Heroica”, op. 55 (1803) [47′]
Allegro con brio | Marcia funebre: Adagio assai | Scherzo: Allegro vivace | Finalle: allegro molto
Todos os públicos
20.30 h
Entradas en ataquilla.com, no teléfono 902 504 500, na Sede de Afundación (Praza Maior, 4) e na billeteira do Auditorio dúas horas antes da función.
4 Decembro, 2020(3 events)

N/A: Centro Cultural Marcos Valcarcel: CARA Á ESTREMA DO EIDO

N/A
29 Outubro, 2020 10 Xaneiro, 2021

8:00 pm: Teatro Principal: Medida por Medida


4 Decembro, 2020

Producións Teatráis Excéntricas é a productora dos espectáculos de Mofa&Befa, (Victor Mosqueira e Evaristo Calvo) mais estende a súa actividade a outras producións teatráis que non se limitan á actividade do mítico dúo cómico, tan admirado e copiado. Dos espectáculos de Mofa&Befa, compre destacar Shakespeare para ignorantes (a obra máis vista en Galiza no primeiro trimestre do 2010), Sempre ao lonxe, Finismundi Circus e Para ser exactos. A compañía foi convidada a festivais como Clásicos en Alcalá, Almagro, Almada, Titirimundi, Autonomías de Madrid, Iberoamericano de Bogotá, etc.

“MEDIDA X MEDIDA” Acontece nunha Viena surrealista inventada por Shakespeare. O mandatario Duque Vincenzo pasa á clandestinidade e manda aplicar con todo rigor a lei contra os comportamentos inmorais. Cai a lei por igual sobre o negocio do sexo e sobre a xuventude hedonista.

Un xoven de boa familia é condenado a morte. Isto obriga a Isabella ,a sua irmá monxa, a abandonar o convento por tres dias coa tentativa de salvar a vida do seu pecadento irmán. Un mundo de vicio, perversidade e corrupción tentarán lixar a sua brancura virxinal. Palacios, cadeas e arrabaldos serán o labirinto que percorre Isabella na sua carreira contra a morte. Todo observado dende as sombras por un Duque Vincenzo, irrecoñecível baixo o hábito de frade mendicante.

Unha comedia negra que coquetea constantemente co desastre.

Teatro Principal: Medida por Medida

5 Decembro, 2020(3 events)

N/A: Centro Cultural Marcos Valcarcel: CARA Á ESTREMA DO EIDO

N/A
29 Outubro, 2020 10 Xaneiro, 2021

7:00 pm: Auditorio Municipal de Ourense: SOMA. JAVIER MARTÍN DANZA E JOAQUÍN JARA


5 Decembro, 2020

SOMA é unha experimentación escénica e matérica que se concentra no estudo do corpo e do movemento como sombra e fragmento. A medida e o peso son expresión da súa potencia e desaparición, a súa necesaria grieta e abismo. Un saír do rito. Instalación e performance que bailarín, escultor e iluminador comparten, transitando por diferentes estados físicos, conceptos estéticos e calidades de movemento, relacionándose e difuminando roles mediante esculturas, materiais, ambientes, obxectos e coreografías que se van despregando nun espazo conformado ante o espectador.
Todos os públicos
19 h
Entradas en ataquilla.com, no teléfono 902 504 500, na Sede de Afundación (Praza Maior, 4) e na billeteira do Auditorio dúas horas antes da función.
6 Decembro, 2020(3 events)

N/A: Centro Cultural Marcos Valcarcel: CARA Á ESTREMA DO EIDO

N/A
29 Outubro, 2020 10 Xaneiro, 2021

12:00 pm: Auditorio Municipal de Ourense: LAMBETADAS, DE TALÍA TEATRO


6 Decembro, 2020

Unha lambetada é un doce, algo saboroso, que se come por gusto. Pero tamén é a acción de pasar a lingua buscando un efecto agradable. Partindo da dobre acepción da palabra elaboraremos un doce e gorentoso espectáculo teatral, pasando a lingua a modiño, con deleite, sobre unhas historias que nos deixarán un doce sorriso nos beizos.
Todos os públicos
12 h
Entradas en ataquilla.com, no teléfono 902 504 500, na Sede de Afundación (Praza Maior, 4) e na billeteira do Auditorio dúas horas antes da función.
7 Decembro, 2020(2 events)

N/A: Centro Cultural Marcos Valcarcel: CARA Á ESTREMA DO EIDO

N/A
29 Outubro, 2020 10 Xaneiro, 2021

8 Decembro, 2020(2 events)

N/A: Centro Cultural Marcos Valcarcel: CARA Á ESTREMA DO EIDO

N/A
29 Outubro, 2020 10 Xaneiro, 2021

9 Decembro, 2020(3 events)

N/A: Centro Cultural Marcos Valcarcel: CARA Á ESTREMA DO EIDO

N/A
29 Outubro, 2020 10 Xaneiro, 2021

8:30 pm: Auditorio Municipal de Ourense: O MONTACARGAS. AINÉ PRODUCCIÓNS.


9 Decembro, 2020

O Montacargas es una obra teatral escritura en un solo acto por Harold Pinter en el año 1957 y que fue enmarcada por el teórico Martin Esslin dentro de la corriente dramática "Teatro del Absurdo". La historia narra la situación de dos hombres (Ben y Gus) que están cerrados en un cuarto, una estancia  miserablemente amueblada. Los personajes discuten sobre noticias de prensa y equipos de fútbol. Mientras avanzan en el diálogo, Pinter nos da a entender que se trata de dos asesinos a sueldo a la espera de misteriosas órdenes que una organización ha de transmitirles. La tensión de la espera desemboca en una conversación  intrascendente. La historia avanza cuando, por medio de un  montacargas situado en el espacio, comienzan a llegarles mensajes y pedidos que parecen ser una manera de comunicación de personas que habitan en la parte superior de la estancia en la que se encuentran ellos.
Adultos
20.30 h
Entradas en ataquilla.com, no teléfono 902 504 500, na Sede de Afundación (Praza Maior, 4) e na billeteira do Auditorio dúas horas antes da función.
10 Decembro, 2020(4 events)

N/A: Centro Cultural Marcos Valcarcel: CARA Á ESTREMA DO EIDO

N/A
29 Outubro, 2020 10 Xaneiro, 2021

11 Decembro, 2020(4 events)

N/A: Centro Cultural Marcos Valcarcel: CARA Á ESTREMA DO EIDO

N/A
29 Outubro, 2020 10 Xaneiro, 2021

8:00 pm: Teatro Principal: Pasión Vega "Todo lo que tengo" (música)


11 Decembro, 2020

“Todo lo que tengo” é o novo traballo de Pasión Vega. Unha proposta persoal coa que a artista, quixo facer a súa propia homenaxe á música e o folclore latinoamericanos, a través dun singular repertorio escrito por distintos compositores/ as contemporáneos dun e outro lado do Atlántico.

A través de ritmos como o danzonete, o son, a bachata, a peteneira, o bambuco colombiano … e a calidade das súas letras, emprenderemos unha viaxe sonora sen fronteiras, unha viaxe cara ás nosas orixes.

Un excitante e emocionante concerto onde copla, canción de autor, canción latinoamericana e o seu folclore, jazz, flamenco, fado … fúndense nunha mestizaxe musical sutil e irrepetible.

Pasión Vega posúe unha das voces e presenza escénicas máis auténticas, máis belas, puras e brillantes do panorama musical actual

Teatro Principal: Pasión Vega "Todo lo que tengo" (música)

8:30 pm: Auditorio Municipal de Ourense: 1879 CASA DE BONECAS. ESTUDO MOMENTO.


11 Decembro, 2020

Adaptación do texto clásico que o dramaturgo Henrik Ibsen estreara con grande escándalo a finais do século XIX. Predecesora dos grandes movementos feministas, ensalza a figura de Nora Helmer, esposa e nai perfecta, que rachará dun famoso "golpe de porta" con todas as ataduras do sistema patricarcal. Esta versión centrada no matrimonio e protagonizada polos actores Iria Ares e Xoán Carlos Mejuto, convida ao espectador a recoñecerse na intimidade dunha relación desigual, entre homes e mulleres, como se o estivese a ver todo a través dunha ventana indiscreta...
Todos os públicos
20.30 h
Entradas en ataquilla.com, no teléfono 902 504 500, na Sede de Afundación (Praza Maior, 4) e na billeteira do Auditorio dúas horas antes da función.
12 Decembro, 2020(2 events)

N/A: Centro Cultural Marcos Valcarcel: CARA Á ESTREMA DO EIDO

N/A
29 Outubro, 2020 10 Xaneiro, 2021

13 Decembro, 2020(4 events)

N/A: Centro Cultural Marcos Valcarcel: CARA Á ESTREMA DO EIDO

N/A
29 Outubro, 2020 10 Xaneiro, 2021

12:00 pm: Auditorio Municipal de Ourense: CACHOPO MÁXICO. LILA TEATRO.


13 Decembro, 2020

Nunha pequena porción de terra enriba dun monte que non se atopa en ningún mapa por ser demasiado pequeno, pódese divisar unha casiña humilde e fermosa. Alí vive unha familia moi singular ao tempo que bastante plural. Son a familia Palpatore, son extraordinarios e teñen aspectos moi diferentes entre sí coma todas as familias. Tamén, coma todas as familias, gardan grandes segredos. Ó achegarse o Nadal, a familia Palpatore comeza a ferver. Toca traballar sen descanso durante todo un mes e non están afeitos a tanto traqueteo. “O Cachopo Máxico” é unha alegre interpretación do Nadal dende a perspectiva das costumes galegos máis antigas.
Todos os públicos
12 h
Entradas en ataquilla.com, no teléfono 902 504 500, na Sede de Afundación (Praza Maior, 4) e na billeteira do Auditorio dúas horas antes da función.

7:00 pm: Teatro Principal: Eduardo II Ojos de niebla (Teatro)


13 Decembro, 2020

Ojos de Niebla recrea a vida do rei Eduardo II de Inglaterra; pero o que a primeira ollada pode parecer un drama histórico, con toda a carga cultural que iso representa, transfórmase en algo máis. É unha historia de amor, de odio, de paixón, de loita polo poder, en definitiva,  na nosa historia.

Ojos de Niebla narra o amor incontido de Eduardo II por Hugo LeDespenser, o resentimento da súa esposa, a raíña Isabel, humillada polos amores que o seu marido lle nega; o odio de Mortimer, Barón de Wigmore, que lle empuxa a conquistar á raíña no seu afán de posuír algo máis que a coroa; as intrigas da Igrexa para acrecentar a súa poder e coroar reis que sexan fieis aos seus propósitos; a ambición dun banqueiro xudeu decidido a prestar diñeiro a amigos e inimigos con tal de enriquecerse; a loita de dúas relixións por permanecer á sombra dos poderosos.

Quizá o máis importante que reflicte a obra é a súa tremenda actualidade: a Igrexa continúa condenando a liberdade sexual, as relixións continúan sementando o mundo de fanatismo e dor, e o poder do diñeiro somete máis que nunca a vontade dos pobos. É curioso que uns feitos ocorridos en 1327, sete séculos máis tarde, teñan tanta vixencia. Calquera xornal ou programa de noticias, asáltanos a diario coas débedas dos estados, co atentado sanguento dalgunha facción terrorista, ou coa negación de dereitos a persoas que simplemente teñen gustos diferentes. A xente que leu Ollos de Néboa, resalta que podería ser un drama actual só con cambiar os nomes dos personaxes.

En resumo, Eduardo II Ollos de Néboa é a nosa historia, a nosa vida, o demais? o demais é literatura.

Teatro Principal: Eduardo II Ojos de niebla (Teatro)

14 Decembro, 2020(2 events)

N/A: Centro Cultural Marcos Valcarcel: CARA Á ESTREMA DO EIDO

N/A
29 Outubro, 2020 10 Xaneiro, 2021

15 Decembro, 2020(2 events)

N/A: Centro Cultural Marcos Valcarcel: CARA Á ESTREMA DO EIDO

N/A
29 Outubro, 2020 10 Xaneiro, 2021

16 Decembro, 2020(2 events)

N/A: Centro Cultural Marcos Valcarcel: CARA Á ESTREMA DO EIDO

N/A
29 Outubro, 2020 10 Xaneiro, 2021

17 Decembro, 2020(4 events)

N/A: Centro Cultural Marcos Valcarcel: CARA Á ESTREMA DO EIDO

N/A
29 Outubro, 2020 10 Xaneiro, 2021

8:30 pm: Auditorio Municipal de Ourense: SE FOSEN TURISTAS LEVARÍAN GAFAS DE SOL. LIMIAR TEATRO.


17 Decembro, 2020

A memoria é un arma que se dispara sen querer. Recordamos, olvidamos.A memoria é múlitple, é diversa. Nada hai máis democrático e tirano que a memoria. Memoria individual, íntima, secreta, memoria colectiva. A memoria é un espello que non deixa ver o presente pero proxecta o noso futuro. Hoxe é memoria do mañá, futuro do onte. Somos un producto dun espacio, dun tempo, dunha memoria. O ser humán ten loitado dende sempre por controlar o espacio, por reconstruir a memoria... pero o tempo se escapa entre os seus dedos.
Todos os públicos
20.30 h
Entradas en ataquilla.com, no teléfono 902 504 500, na Sede de Afundación (Praza Maior, 4) e na billeteira do Auditorio dúas horas antes da función.
18 Decembro, 2020(3 events)

N/A: Centro Cultural Marcos Valcarcel: CARA Á ESTREMA DO EIDO

N/A
29 Outubro, 2020 10 Xaneiro, 2021

19 Decembro, 2020(4 events)

N/A: Centro Cultural Marcos Valcarcel: CARA Á ESTREMA DO EIDO

N/A
29 Outubro, 2020 10 Xaneiro, 2021

8:00 pm: Teatro Principal: Concerto de Nadal Real Filharmonía de Galicia


19 Decembro, 2020

A Real Filharmonía de Galicia inicia o seu camiño en Santiago de Compostela en 1996. Paul Daniel é, desde 2013, o seu director titular e artístico, posto no que lle precederon Helmuth Rilling e Antoni Ros Marbà. Está formada por cincuenta músicos de dezasete nacionalidades diferentes.

Con sede no Auditorio de Galicia e xestionada polo Consorcio de Santiago, mantén unha tempada de abono estable. Ao longo da súa traxectoria acompañárona os máis destacados directores, cantantes e instrumentistas do mundo. Realizou xiras e concertos en escenarios de Alemania, Austria, Francia, Brasil, Arxentina, Cuba e Portugal, país co que mantén unha estreita colaboración. Comprometida co territorio ao que presta servizo, actúa asiduamente por toda Galicia.

A RFG mostra un especial interese pola obra de autores noveis, en particular de compositores galegos. A súa discografía consta de máis de 12 CDs, dedicados a Maurice Ravel, Manuel de Falla, Frederic Mompou, Antón García Abril, Franz Schubert ou José Arriola.

A Real Filharmonía de Galicia traballa no achegamento a novos públicos, a través de propostas didácticas, familiares e programas especiais; promovendo ademáis a realización de concertos en espazos abertos.

A orquestra forma un proxecto conxunto coa Escola de Altos Estudos Musicais, coa que colabora para ofrecer unha formación altamente especializada en práctica orquestral a novos intérpretes.

PROGRAMA:

IN NOMINE DOMINI

A. Vivaldi: Concerto en Sol maior, RV. 151 “Alla rustica”

A. Vivaldi: Laudate Pueri Dominum en Do menor, RV. 600

F. J. Haydn: Sinfonía nº 84 en Mi b M “In nomine Domini

Teatro Principal: Concerto de Nadal Real Filharmonía de Galicia

20 Decembro, 2020(5 events)

N/A: Centro Cultural Marcos Valcarcel: CARA Á ESTREMA DO EIDO

N/A
29 Outubro, 2020 10 Xaneiro, 2021

12:00 pm: Auditorio Municipal de Ourense: EL INOLVIDABLE VIAJE DE NANA. CAFÉ DE LAS ARTES TEATRO.


20 Decembro, 2020

Nana está grávida e pouco a pouco descobre como o seu corpo comeza a cambiar para xa nunca volver a ser unha, se non dúas. Nana ten a sensación de subir a un globo aire quente e camiñar polo aire durante nove meses. E máis. O seu bebé nacerá, faráse neno, xoven adulto e pai. A inesquecible viaxe de Nana, unha viaxe en globo que sobrevoa o terreo insondible do ciclo da vida.
Todos os públicos
12 h
Entradas en ataquilla.com, no teléfono 902 504 500, na Sede de Afundación (Praza Maior, 4) e na billeteira do Auditorio dúas horas antes da función.

7:00 pm: Teatro Principal: A CONQUISTA DA ESCOLA DE MADHUBAI


20 Decembro, 2020

Sakundeva, bandida, perseguida pola policia e polo exército, acusada do asasinato de máis de trinta homes que a violaran tempo atrás e de numerosos asaltos a man armada, preséntase na humilde morada de Pandala, unha sabia anciá que a criou cando era nena e que é a única persoa no mundo na que confía.Pídelle quedar durante dous días agochada na súa casa, para poder meditar con tranquilidade que decisión tomar nunha disxuntiva transcendental que se lle presenta. Sen tempo para que ela puidese reflexionar, aproxímase xa ao lugar un Ministro do Goberno, que fora o provocador da disxuntiva e que ven demandar unha resposta.

A autora inspírase na historia de Phoolan Devi, coñecida como "a raíña dos bandidos", quen foi unha destacada referencia para o feminismo autóctono indio. Con ese punto de partida, e facendo uso da capacidade extraordinaria que ten o teatro para servir de espello á sociedade que o contempla, pretendemos, ao tempo de traballar na procura dun discurso artístico atractivo e rigoroso, poñer en debate feitos que están a acontecer hoxe en moitos puntos da nosa contorna: as chamadas "manadas"; e ao tempo transitar por outros asuntos principais como: O dereito á educación. O impulso de rebeldía contra o maltrato. O concepto de Liberdade. A complexa dialéctica entre Lei e Xustiza. O interese persoal e o interese público no exercicio da acción política. A vinganza: unha viaxe sen final.

Teatro Principal: A CONQUISTA DA ESCOLA DE MADHUBAI

21 Decembro, 2020(3 events)

N/A: Centro Cultural Marcos Valcarcel: CARA Á ESTREMA DO EIDO

N/A
29 Outubro, 2020 10 Xaneiro, 2021

22 Decembro, 2020(4 events)

N/A: Centro Cultural Marcos Valcarcel: CARA Á ESTREMA DO EIDO

N/A
29 Outubro, 2020 10 Xaneiro, 2021

8:00 pm: Teatro Principal: GRANDES DEL GOSPEL "JOHN LEE SANDERS & THE GOSPEL MESSENGERS"


22 Decembro, 2020

John Le pasou a súa infancia e mocidade no Delta do Misisipi, Luisiana e Alabama, unha rexión onde o Gospel é o ADN común de xéneros tan diversos como o Soul, o Country, o Blues e a música de Jazz. O temperán encontro con Martin Luther King, o dirixente histórico do Movemento polos Dereitos Civís nos Estados Unidos, e Elvis Presley, a estrela do R&R que cambiou para sempre a música popular americana, forma parte da historia americana que influenciou a John Le Sanders, pianista, saxofonista, cantante e compositor. Unha historia na que a súa avoa materna, que vivía preto de C. L. Franklin, pai de Aretha Franklin e na veciñanza dos estudos de gravación da escena de Memphis, xoga un papel importante. Na turbulenta Alabama dos anos 60 foi testemuña do poder e a coraxe que o Gospel transmitiu ao Movemento polos Dereitos Civís na súa loita non violenta pola igualdade.

"Fun membro da Igrexa United Methodist en Alabama e Misisipi, templo onde había unha gran coral formada por cantantes de conservatorio, un gran órgano de tubos e unha orquestra sinfónica nos oficios de Nadal e Pascua, que interpretaban obras de Bach, Handel e Mozart. Noutras Igrexas da cidade voces apaixonadas cantaban os Espirituais Negros, con ritmos que fosen máis comedidos na miña, voces educadas en tradicións riquísimas sen ser académicas, capaces de conmoverche espiritual e fisicamente. Iso tamén forma parte dos meus primeiros recordos", di John Le Sanders. "Dediquei a miña vida a interpretar música con e para xente de todas as idades, en cárceres, escolas, hospitais, residencias de anciáns, grandes teatros e festivais de todo o mundo. Fun testemuña do poder da música para alegrar a alma dos esquecidos e tocar aos que nunca foran tocados. A música de Gospel é o berce de voces de lenda, como Sam Cooke, Aretha Franklin, Mahalia Jackson, e tantas e tantas estrelas do pop en todo o mundo.

No 2001 foi contratado por ÁMEA Black Church de Oakland, California, a denominación máis antiga das igrexas negras protestantes en América, da que formaban parte os descendentes das familias que foran parte da gran emigración a California desde o Profundo Sur nos anos 40 e 50 do século XX. Gravou e actuou cos nomes máis recoñecidos da escena estadounidense, incluíndo a Dorothy Morrison, a voz principal en "Oh Happy Day", a primeira canción Gospel que foi un hit nacional na EE.UU. Stevie Wonder, Willie Nelson, Bill Withers, Jimmy Page de Led Zeppelin, Starship, Chuck Berry, John Le Hooker, Long John Baldry e Keith Emerson, tamén están nesa lista. En 2010 foi o pianista/cantante convidado pola multipremiada coral "Good Noise Gospel Choir" no seu concerto da catedral de Vancouver. Xa en 2011 participou na gravación do seu disco de Nadal. Foi nomeado ao Premio Emmy no 2007 e, ao ano seguinte, ao Premio de Blues WC Handy

Teatro Principal: GRANDES DEL GOSPEL "JOHN LEE SANDERS & THE GOSPEL MESSENGERS"

23 Decembro, 2020(3 events)

N/A: Centro Cultural Marcos Valcarcel: CARA Á ESTREMA DO EIDO

N/A
29 Outubro, 2020 10 Xaneiro, 2021

24 Decembro, 2020(3 events)

N/A: Centro Cultural Marcos Valcarcel: CARA Á ESTREMA DO EIDO

N/A
29 Outubro, 2020 10 Xaneiro, 2021

25 Decembro, 2020(3 events)

N/A: Centro Cultural Marcos Valcarcel: CARA Á ESTREMA DO EIDO

N/A
29 Outubro, 2020 10 Xaneiro, 2021

26 Decembro, 2020(4 events)

N/A: Centro Cultural Marcos Valcarcel: CARA Á ESTREMA DO EIDO

N/A
29 Outubro, 2020 10 Xaneiro, 2021

5:00 pm: Teatro Principal: LÁZARO DE TORMES


26 Decembro, 2020

Pedras de cartón naceu na Coruña, cunha visión aberta ao exterior, coa intención de crear espectáculos de Galicia que poidan chegar á maior cantidade de público posible.

A empresa é creada por Juan Rodríguez, con ampla experiencia en teatro para nenos e novos, fundador de Caramuxo teatro.

O obxectivo principal da compañía é revisar e reinterpretar os clásicos da literatura galega, española e universal para as novas xeracións, creados para todos os públicos e utilizando diversas disciplinas. A compañía naceu co seu primeiro espectáculo "Lázaro de Tormes" contado, por primeira vez, sen palabras. Pedras de Cardón presenta "LÁZARO de Tormes", un espectáculo baseado no coñecido clásico da literatura, contado por primeira vez case sen palabras.

Un espectáculo para toda a familia narrado en clave de comedia a través dun coidadoso traballo de máscaras dirixido por Pablo Sánchez e Laura Sarasola e unha banda sonora orixinal creada por David González. O elenco formado por Xosé Esperante, Xosé Vilarelle e Juan Rodríguez da forma a cada un das pasaxes máis coñecidas desta historia universal da picaresca española.

Unha forma de presentar o amor polo teatro clásico aos máis pequenos da casa.

Teatro Principal: LÁZARO DE TORMES

27 Decembro, 2020(4 events)

N/A: Centro Cultural Marcos Valcarcel: CARA Á ESTREMA DO EIDO

N/A
29 Outubro, 2020 10 Xaneiro, 2021

12:30 pm: Teatro Princial:"SOY UN NIÑO" - MOTI 2020


27 Decembro, 2020

Un neno nace, descobre o seu corpo, a natureza, unha árbore. Este neno percorre todas as etapas da vida: convértese nun mozo, pensa, diríxese á cidade. Alí vólvese un home, coñece a présa e o traballo. Desde a cidade, volve á súa árbore unha e outra vez, seguindo o camiño do corazón, á luz dos seus propios soños...

Soy un niño fala dunha infancia libre e creadora, e de como esa infancia acompaña ao ser humano toda a súa vida. Fala da fascinación dos soños e da necesidade de seguilos até o fin.

Teatro Princial:"SOY UN NIÑO" - MOTI 2020

28 Decembro, 2020(4 events)

N/A: Centro Cultural Marcos Valcarcel: CARA Á ESTREMA DO EIDO

N/A
29 Outubro, 2020 10 Xaneiro, 2021

5:00 pm: Teatro Principal: "CONTOS AO PÉ DA CAMA"


28 Decembro, 2020

En 1982 Anxo García, Pilar Álvarez e Xulio Balado forman a compañía Viravolta títeres.

Ademais da produción e distribución de espectáculos de monicreques realizan outras actividades: cursos, exposicións, programacións (Titerentroido, Titirideza e Cantos e contos do Nadal); sempre relacionadas co mundo da marioneta.

Dentro de Viravolta títeres, xurdiu outra compañía, SEISDEDOS, especializada en espectáculos de pequeno formato, adaptados a calquera espazo escénico. No ano 1998, con motivo do 15 aniversario da primeira estrea da compañía de Viravolta títeres, realizouse unha exposición conmemorativa no Museo Municipal “Ramón María Aller” de Lalín, na que mostraron monecos, escenografías, fotografías e demais materiais das montaxes realizadas. Esta exposición foi o punto de partida para a creación do MUSEO GALEGO DA MARIONETA, inaugurado en decembro de 2001, que conta con marionetas, atrezzo, carteis... e unha biblioteca especializada.

Viravolta participou en numerosos festivais, circuítos e feiras, destacando entre outros A Mostra Internacional de Teatro Infantil “Xeración Nos”, Festival de Teatro de Ribadavia, Festival Internacional de Títeres de Santiago, Festitíteres de Alacante, Fira Internacional de Teatro de Titelles de Lleida, Feiras Galegas de Teatro, Campañas Escolares, festivais de música como a "Semana do Corpus" de Lugo ou "Cameralia", festival de música de cámara de Santiago de Compostela, Feiras do Libro, Festas Populares, Feiras Tradicionais, Circuítos Culturais, Redes de Teatro etc...

CONTOS O PÉ DA CAMA: Nun soño intranquilo polo exceso de tarta e os remorsos, o pequeno Nemo descobre que ao seu redor medra o lixo qwue conquista mares, terras e estrelas. Soños cheos de humor, de perigos, de sobresaltos, de monstros e de Aventura! Espectáculo dirixido aos máis pequenos, combina distintas técnicas de manipulación (Varas, fíos, sombras ...)

Teatro Principal: "CONTOS AO PÉ DA CAMA"

29 Decembro, 2020(4 events)

N/A: Centro Cultural Marcos Valcarcel: CARA Á ESTREMA DO EIDO

N/A
29 Outubro, 2020 10 Xaneiro, 2021

12:30 pm: Teatro Principal: "CATRO"


29 Decembro, 2020

"CATRO" é a nova proposta de Caramuxo Teatro para primeira infancia. É unha peza visual que xoga coa vida, coas formas, os sons e as texturas... co descobrer a través da danza como linguaxe e canle de coñecemento.

"CATRO" lados ten un cadrado, a miña galleta preferida, as estrelas que vexo dende a miña habitación e catro son os recunchos do meu lugar.

"CATRO" é a experimentación a partir dun número que se repite na nosa vida. Unha experiencia para gozar en familia

Teatro Principal: "CATRO"

30 Decembro, 2020(4 events)

N/A: Centro Cultural Marcos Valcarcel: CARA Á ESTREMA DO EIDO

N/A
29 Outubro, 2020 10 Xaneiro, 2021

5:00 pm: Teatro Principal: "DOUS NO CAMIÑO"


30 Decembro, 2020

Culturactiva SCG é unha cooperativa de xestión cultural con máis de quince anos de experiencia. Un dos principais distribuidores de teatro e música no país.

Ademais, Culturactiva SCG non só é un distribuidor, senón que tamén traballa como empresa produtora para levar un completo programa de actividades ás rúas, prazas e teatros de Galicia.

"Dous non camiño" (unha historia xacobea): Dirixido por Avelino González, baseado en textos de Roi Vidal e Xurxo Barcala, e cos comediantes Fran Rei e Isabel Risco á cabeza, "Dous non camiño" foi creado especificamente para o programa Xacobeo Vive ou Camiño 2017. Nesta montaxe, dirixido a todos os públicos e cunha posta en escena moi simple, revísanse tres das lendas xacobeas máis populares: a de Roldán, o cabaleiro francés, a do bote de pedra desde Muxía e o traslado do apóstolo Santiago a Compostela. Sempre nun ton cómico, pero mantendo a esencia destas historias máxicas e con total respecto.

"Dous non camiño" pretende ser un enfoque divertido e fácil das lendas xacobeas, con especial énfase nas súas raíces galegas. Ao longo dos 70 minutos do espectáculo, Isabel Risco e Fran Rei, inicialmente un peregrino e un peregrino de personalidades moi diferentes e que accidentalmente se atopan nun punto no camiño, transfórmanse en todos os personaxes que protagonizan estas lendas: o cabaleiro Roldán, as irmás árabes, o apóstolo Santiago, a raíña Lupa e, moi especialmente, Teodoro e Atanasio, discípulos tolos e divertidos do apóstolo. En resumo, dous comediantes ao servizo dun espectáculo de comedia sobre lendas xacobeas para gozar dalgunhas historias marabillosamente incribles.

Teatro Principal: "DOUS NO CAMIÑO"

31 Decembro, 2020(3 events)

N/A: Centro Cultural Marcos Valcarcel: CARA Á ESTREMA DO EIDO

N/A
29 Outubro, 2020 10 Xaneiro, 2021

1 Xaneiro, 2021(3 events)

N/A: Centro Cultural Marcos Valcarcel: CARA Á ESTREMA DO EIDO

N/A
29 Outubro, 2020 10 Xaneiro, 2021

2 Xaneiro, 2021(3 events)

N/A: Centro Cultural Marcos Valcarcel: CARA Á ESTREMA DO EIDO

N/A
29 Outubro, 2020 10 Xaneiro, 2021

3 Xaneiro, 2021(3 events)

N/A: Centro Cultural Marcos Valcarcel: CARA Á ESTREMA DO EIDO

N/A
29 Outubro, 2020 10 Xaneiro, 2021