Eventos de la semana

Luns Martes Mércores Xoves Venres Sábado Domingo
7 Decembro, 2020(2 events)

N/A: Centro Cultural Marcos Valcarcel: CARA Á ESTREMA DO EIDO

N/A
29 Outubro, 2020 10 Xaneiro, 2021

8 Decembro, 2020(2 events)

N/A: Centro Cultural Marcos Valcarcel: CARA Á ESTREMA DO EIDO

N/A
29 Outubro, 2020 10 Xaneiro, 2021

9 Decembro, 2020(3 events)

N/A: Centro Cultural Marcos Valcarcel: CARA Á ESTREMA DO EIDO

N/A
29 Outubro, 2020 10 Xaneiro, 2021

8:30 pm: Auditorio Municipal de Ourense: O MONTACARGAS. AINÉ PRODUCCIÓNS.


9 Decembro, 2020

O Montacargas es una obra teatral escritura en un solo acto por Harold Pinter en el año 1957 y que fue enmarcada por el teórico Martin Esslin dentro de la corriente dramática "Teatro del Absurdo". La historia narra la situación de dos hombres (Ben y Gus) que están cerrados en un cuarto, una estancia  miserablemente amueblada. Los personajes discuten sobre noticias de prensa y equipos de fútbol. Mientras avanzan en el diálogo, Pinter nos da a entender que se trata de dos asesinos a sueldo a la espera de misteriosas órdenes que una organización ha de transmitirles. La tensión de la espera desemboca en una conversación  intrascendente. La historia avanza cuando, por medio de un  montacargas situado en el espacio, comienzan a llegarles mensajes y pedidos que parecen ser una manera de comunicación de personas que habitan en la parte superior de la estancia en la que se encuentran ellos.
Adultos
20.30 h
Entradas en ataquilla.com, no teléfono 902 504 500, na Sede de Afundación (Praza Maior, 4) e na billeteira do Auditorio dúas horas antes da función.
10 Decembro, 2020(4 events)

N/A: Centro Cultural Marcos Valcarcel: CARA Á ESTREMA DO EIDO

N/A
29 Outubro, 2020 10 Xaneiro, 2021

11 Decembro, 2020(4 events)

N/A: Centro Cultural Marcos Valcarcel: CARA Á ESTREMA DO EIDO

N/A
29 Outubro, 2020 10 Xaneiro, 2021

8:00 pm: Teatro Principal: Pasión Vega "Todo lo que tengo" (música)


11 Decembro, 2020

“Todo lo que tengo” é o novo traballo de Pasión Vega. Unha proposta persoal coa que a artista, quixo facer a súa propia homenaxe á música e o folclore latinoamericanos, a través dun singular repertorio escrito por distintos compositores/ as contemporáneos dun e outro lado do Atlántico.

A través de ritmos como o danzonete, o son, a bachata, a peteneira, o bambuco colombiano … e a calidade das súas letras, emprenderemos unha viaxe sonora sen fronteiras, unha viaxe cara ás nosas orixes.

Un excitante e emocionante concerto onde copla, canción de autor, canción latinoamericana e o seu folclore, jazz, flamenco, fado … fúndense nunha mestizaxe musical sutil e irrepetible.

Pasión Vega posúe unha das voces e presenza escénicas máis auténticas, máis belas, puras e brillantes do panorama musical actual

Teatro Principal: Pasión Vega "Todo lo que tengo" (música)

8:30 pm: Auditorio Municipal de Ourense: 1879 CASA DE BONECAS. ESTUDO MOMENTO.


11 Decembro, 2020

Adaptación do texto clásico que o dramaturgo Henrik Ibsen estreara con grande escándalo a finais do século XIX. Predecesora dos grandes movementos feministas, ensalza a figura de Nora Helmer, esposa e nai perfecta, que rachará dun famoso "golpe de porta" con todas as ataduras do sistema patricarcal. Esta versión centrada no matrimonio e protagonizada polos actores Iria Ares e Xoán Carlos Mejuto, convida ao espectador a recoñecerse na intimidade dunha relación desigual, entre homes e mulleres, como se o estivese a ver todo a través dunha ventana indiscreta...
Todos os públicos
20.30 h
Entradas en ataquilla.com, no teléfono 902 504 500, na Sede de Afundación (Praza Maior, 4) e na billeteira do Auditorio dúas horas antes da función.
12 Decembro, 2020(2 events)

N/A: Centro Cultural Marcos Valcarcel: CARA Á ESTREMA DO EIDO

N/A
29 Outubro, 2020 10 Xaneiro, 2021

13 Decembro, 2020(4 events)

N/A: Centro Cultural Marcos Valcarcel: CARA Á ESTREMA DO EIDO

N/A
29 Outubro, 2020 10 Xaneiro, 2021

12:00 pm: Auditorio Municipal de Ourense: CACHOPO MÁXICO. LILA TEATRO.


13 Decembro, 2020

Nunha pequena porción de terra enriba dun monte que non se atopa en ningún mapa por ser demasiado pequeno, pódese divisar unha casiña humilde e fermosa. Alí vive unha familia moi singular ao tempo que bastante plural. Son a familia Palpatore, son extraordinarios e teñen aspectos moi diferentes entre sí coma todas as familias. Tamén, coma todas as familias, gardan grandes segredos. Ó achegarse o Nadal, a familia Palpatore comeza a ferver. Toca traballar sen descanso durante todo un mes e non están afeitos a tanto traqueteo. “O Cachopo Máxico” é unha alegre interpretación do Nadal dende a perspectiva das costumes galegos máis antigas.
Todos os públicos
12 h
Entradas en ataquilla.com, no teléfono 902 504 500, na Sede de Afundación (Praza Maior, 4) e na billeteira do Auditorio dúas horas antes da función.

7:00 pm: Teatro Principal: Eduardo II Ojos de niebla (Teatro)


13 Decembro, 2020

Ojos de Niebla recrea a vida do rei Eduardo II de Inglaterra; pero o que a primeira ollada pode parecer un drama histórico, con toda a carga cultural que iso representa, transfórmase en algo máis. É unha historia de amor, de odio, de paixón, de loita polo poder, en definitiva,  na nosa historia.

Ojos de Niebla narra o amor incontido de Eduardo II por Hugo LeDespenser, o resentimento da súa esposa, a raíña Isabel, humillada polos amores que o seu marido lle nega; o odio de Mortimer, Barón de Wigmore, que lle empuxa a conquistar á raíña no seu afán de posuír algo máis que a coroa; as intrigas da Igrexa para acrecentar a súa poder e coroar reis que sexan fieis aos seus propósitos; a ambición dun banqueiro xudeu decidido a prestar diñeiro a amigos e inimigos con tal de enriquecerse; a loita de dúas relixións por permanecer á sombra dos poderosos.

Quizá o máis importante que reflicte a obra é a súa tremenda actualidade: a Igrexa continúa condenando a liberdade sexual, as relixións continúan sementando o mundo de fanatismo e dor, e o poder do diñeiro somete máis que nunca a vontade dos pobos. É curioso que uns feitos ocorridos en 1327, sete séculos máis tarde, teñan tanta vixencia. Calquera xornal ou programa de noticias, asáltanos a diario coas débedas dos estados, co atentado sanguento dalgunha facción terrorista, ou coa negación de dereitos a persoas que simplemente teñen gustos diferentes. A xente que leu Ollos de Néboa, resalta que podería ser un drama actual só con cambiar os nomes dos personaxes.

En resumo, Eduardo II Ollos de Néboa é a nosa historia, a nosa vida, o demais? o demais é literatura.

Teatro Principal: Eduardo II Ojos de niebla (Teatro)