Categoría: Actividades culturales Teatro Principal: "PRINCIPIANTES" (teatro)


21 Febreiro, 2021

De qué falamos cando falamos de amor

“De qué falamos cando falamos de amor” é a adaptación teatral dun dos relatos máis coñecidos de Raymond Carver, que foi orixinalmente publicado en 1981. A peza xira precisamente en torno o tema do amor, a través de catro personaxes que conversan nunha cociña: un matrimonio “veterano” e unha parella de amigos máis novos cuxa relación é máis recente. Ao longo dunha tarde, nunha atmosfera marcada pola luz cambiante, os catro comparten as súas experiencias e ideas, grandes e pequenas, sobre o que significa o amor e a necesidade do outro. Romántica e desgarradora, realista e poética ao mesmo tempo, a peza non só é referente dunha época senón que nos atrapa hoxe coa forza dunha peza de música esencial.

Cando o relato viu a luz por primeira vez foi recortado á metade por Gordon Lish, amigo e editor de Carver. Para esta montaxe baseámonos sobre todo na versión orixinal, que se recuperou en 2007, e tamén recorremos a outras pasaxes e fragmentos do autor americano, co que a nosa proposta quere ser unha inmersión completa nos elementos recorrentes do universo Carver: as relacións de parella, o amor e o alcol como refúxios pero tamén como armas mortais, a predestinación fronte ao azar, e a textura literaria da experiencia americana.

Juan Cavestany

A pregunta é precisa. Catro personaxes tentan respondela: Un cardiólogo que non sabe nada dos asuntos do corazón, unha muller namorada de quen lle rompeu o corazón e algúns ósos, un home todo ollos envolto nunha coraza e unha muller crisálida converténdose en algo descoñecido para ela. Medea, nas Metamorfoses de Ovidio, definiu ben o namoramento cando viu por primeira vez a Jasón; “Sentín coma se unha frecha cravouse no meu peito ate as plumas”. Dor, amor. Gozo, amor. Coma se dunha bebedeira tratásese, de feito, trátase dunha bebedeira, Herb, Terry, Nick e Laura falan, discuten, bícanse, peléxanse, escóitanse, entristecense, témense, atrévense, desmaianse, enfurecen, enternecen, abrázanse, emborrachanse, desespéranse, pregúntanse que é o amor. E mírannos, reflíctennos, pregúntannos. E é imposible non verse reflectido.

 

View full calendar