Categoría: Actividades culturales Teatro Principal: "LEIRA"


16 Xaneiro, 2021

Nova Galega de Danza (NDG) co seu primeiro espectáculo, ALENTO, inaugurou un novo xeito de concebir a danza e a música realizadas en Galicia, sendo finalista dos Premios MAX como Mellor Espectáculo Revelación do 2005 e recoñecida no informe anual da SGAE como a Compañía Galega Independente máis exitosa do ano.

Nova Galega de Danza ten conseguido ser respectada por todos os sectores da opinión pública por ofrecer un produto sólido, aberto, coherente e en permanente renovación.

Despois de dous espectáculos (Alento e Engado) nos que a NGD sorprendeu ao público cunha nova linguaxe, coreográfica e musical, descoñecida para él, agora con Tradicción, pretendemos sorprendelo de novo utilizando, desta volta, os elementos que conforman o seu propio imaxinario colectivo.

Actualmente e en colaboración co director artístico e coreógrafo Carlos Rodríguez, está levando a cabo a realización duhna nova producción “SON”, espectáculo que se estreará o día 23 de febreiro en Bogotá (Colombia) onde se mezclará danza tradicional galega con danza española dende un punto de vista dó teatro contemporáneo.

A compañía 'Nova Galega de Danza” leva O premio de Ciencias y Artes de la Representación (Premios da Crítica Galega, 02/05/2009).

“LEIRA” O corpo e a terra estreitan os seus lazos nun espectáculo de danza e música que nos transporta á dura beleza dos labores do campo. A muller no centro desta conexión telúrica; día e noite, xornada tras xornada repetida nunha sucesión inesgotable de estacións. O sol e a choiva, o vento xeado, crúas paisaxes de intemperie habitadas únicamente por unha coreografía humana de apeiros de labranza, de corpos que cargan e arrastran, que danzan entre os surcos arados na terra. Pero Leira é tamén a sinxela alegría do traballo feito coas mans, coa valentía do corpo a corpo. A celebración dunha Galicia intemporal e máxica.

View full calendar

Return to calendar Print