Categoría: Actividades culturales Auditorio Municipal de Ourense: CACHOPO MÁXICO. LILA TEATRO.


13 Decembro, 2020

Nunha pequena porción de terra enriba dun monte que non se atopa en ningún mapa por ser demasiado pequeno, pódese divisar unha casiña humilde e fermosa. Alí vive unha familia moi singular ao tempo que bastante plural. Son a familia Palpatore, son extraordinarios e teñen aspectos moi diferentes entre sí coma todas as familias. Tamén, coma todas as familias, gardan grandes segredos. Ó achegarse o Nadal, a familia Palpatore comeza a ferver. Toca traballar sen descanso durante todo un mes e non están afeitos a tanto traqueteo. “O Cachopo Máxico” é unha alegre interpretación do Nadal dende a perspectiva das costumes galegos máis antigas.
Todos os públicos
12 h
Entradas en ataquilla.com, no teléfono 902 504 500, na Sede de Afundación (Praza Maior, 4) e na billeteira do Auditorio dúas horas antes da función.

View full calendar

Return to calendar Print