Categoría: Actividades culturales Teatro Principal: Concerto de Nadal Real Filharmonía de Galicia


19 Decembro, 2020

A Real Filharmonía de Galicia inicia o seu camiño en Santiago de Compostela en 1996. Paul Daniel é, desde 2013, o seu director titular e artístico, posto no que lle precederon Helmuth Rilling e Antoni Ros Marbà. Está formada por cincuenta músicos de dezasete nacionalidades diferentes.

Con sede no Auditorio de Galicia e xestionada polo Consorcio de Santiago, mantén unha tempada de abono estable. Ao longo da súa traxectoria acompañárona os máis destacados directores, cantantes e instrumentistas do mundo. Realizou xiras e concertos en escenarios de Alemania, Austria, Francia, Brasil, Arxentina, Cuba e Portugal, país co que mantén unha estreita colaboración. Comprometida co territorio ao que presta servizo, actúa asiduamente por toda Galicia.

A RFG mostra un especial interese pola obra de autores noveis, en particular de compositores galegos. A súa discografía consta de máis de 12 CDs, dedicados a Maurice Ravel, Manuel de Falla, Frederic Mompou, Antón García Abril, Franz Schubert ou José Arriola.

A Real Filharmonía de Galicia traballa no achegamento a novos públicos, a través de propostas didácticas, familiares e programas especiais; promovendo ademáis a realización de concertos en espazos abertos.

A orquestra forma un proxecto conxunto coa Escola de Altos Estudos Musicais, coa que colabora para ofrecer unha formación altamente especializada en práctica orquestral a novos intérpretes.

PROGRAMA:

IN NOMINE DOMINI

A. Vivaldi: Concerto en Sol maior, RV. 151 “Alla rustica”

A. Vivaldi: Laudate Pueri Dominum en Do menor, RV. 600

F. J. Haydn: Sinfonía nº 84 en Mi b M “In nomine Domini

Teatro Principal: Concerto de Nadal Real Filharmonía de Galicia

View full calendar

Return to calendar Print