Categoría: Actividades culturales Teatro Principal: "CONCERTO ORQUESTA CLASSICO CHAMBER STRINGS"


7 Febreiro, 2021

Arte Clásica Chamber Strings naceu como cuarteto de corda a partir do entusiasmo e ilusión de catro músicos membros da orquestra de Radio Televisión Española. No ano 2009 o cuarteto fixo o seu debut nun concerto transmitido pola Radio Clásica dende o Teatro Monumental de Madrid, interpretando obras de Zoltan Kodaly, Paul Constantinescu e Leo Weiner.

Dende ese ano o cuarteto continúa a súa traxectoria profesional pero ampliou a súa formación como orquestra de cámara, ofrecendo concertos nas salas máis importantes de Madrid e do país. Destacan os concertos no Instituto Cervantes, Real Academia de San Fernado, Teatro Thalia de Lisboa, Casa de America, Teatro Auditorio de Altea, Teatro Monumental de Madrid, e a intensa participación no ciclo de música de cámara da orquestra de Radio Televisión Española.

Obras como o Cuarteto Americano e o Quinteto de Dvorak, as Danzas Romanesas de Bela Bartok ou as Vistas ao Mar de Eduardo Toldrà espertaron a admiración e o agarimo do público xunto co recoñecemento do seu nivel artístico e a súa profesionalidade.

En 2018 actua no Teatr Thalia de Lisboa no intercambio cultural entre a Orquestra de RTVE e a Orquestra Metropolitana de Lisboa.

EUSEBIU SANDU, Director

O director Eusebiu Gavril Sandu nace o dia 1 de decembro 1969 en Vatra Dornei, unha cidade no norte de Rumania, no corazón dos Cárpatos Orientais. Ós 11 anos comenza os seus estudos musicais na Escola Especial de Música “ Sigismund Toduta” , Cluj Napoca na especialidade trombón e piano.

No ano 1994 é licenciado na especialidade trombón, no Conservatorio Superior de Música “ G.Dima”, Cluj Napoca. No 1995 finaliza o Master en trombón e pedagoxía instrumental . Traballa como trombón solista na Filarmónica do Estado “Transilvania” entre os anos 1992 e 2005 e é profesor de trombón e música de cámara no Conservatorio Superior de Música “ G.Dima”, Cluj Napoca entre os anos 1996 e 2005. Dende o ano 2005 traballa en Madrid coas Orquestras “ Filarmonia “, Antologia da Zarzuela , Miramón Mendi, entre outras.

A súa paixón pola música fixo florecer a súa vocación na dirección de orquestra. A nivel privado, estuda en varios países de Europa asistindo a varios cursos de dirección de orquestra cos mestres Theo Wolters(Holanda), Romeo Rimbu( Rumania), Carol Vitez (Alemaña), Koen Kessels( Belgica), Francisco Navarro Lara( España).

Fundador e director da Strauss European Orchestra con sede en Madrid, con máis de trinta concertos en España, Francia, Portugal e fundador e director da Orquestra Metropólitan de Madrid con máis de vinte concertos o ano en España e outros países.

O longo da súa carreira artística colabora con directores de prestixio como Emil Simon, Cristian Mandeal, Erich Bergel, Kurt Masur, Leopold Hager, Tulio Gagliardo, José Colado, Octav Calleya, Walter Haupt, David Jiménez, Stefan Anton Reck, Karel Mark Chichon, Pascual Ousa, Santiago Mais, Koen Kessels, Jan Stulen, Luís Cobos e solistas como Valentin Gheorghiu, Dan Grigore, Lazar Berman, Radu Lupu, Patrik Gallois, Angela Gheorghiu, Roberto Alagna, José Carreiras, Montserrat Caballé, Placido Domingo, Teresa Berganza,…o grupo de rock Deep Purple.

Colabora con importantes orquestras sinfónicas de Estado en Rumania como Filarmónica de Brasov, Filarmónica de Tirgu Mures, Filarmónica de Craiova, Filarmónica de Sibiu e doutros países como a “Orquestra Sinfónica Europea Mediterránea” de Barcelona, “Europa Symphony“ de Viena, etc.

PROGRAMA

J.S. Bach (1685-1750)- Concierto de Brandemburgo No.3 en Sol Mayor

A. Vivaldi (1678-1741) – "La Primavera" Allegro Largo e pianissimo sempre Allegro

A. Vivaldi – “El Verano" Allegro non molto Adagio Presto

A. Vivaldi – “El Otoño" Allegro Adagio molto Allegro

A. Vivaldi – “El Invierno" Allegro non molto Largo Allegro

View full calendar