Categoría: Actividades culturales Teatro Principal: Pasión Vega "Todo lo que tengo" (música)


11 Decembro, 2020

“Todo lo que tengo” é o novo traballo de Pasión Vega. Unha proposta persoal coa que a artista, quixo facer a súa propia homenaxe á música e o folclore latinoamericanos, a través dun singular repertorio escrito por distintos compositores/ as contemporáneos dun e outro lado do Atlántico.

A través de ritmos como o danzonete, o son, a bachata, a peteneira, o bambuco colombiano … e a calidade das súas letras, emprenderemos unha viaxe sonora sen fronteiras, unha viaxe cara ás nosas orixes.

Un excitante e emocionante concerto onde copla, canción de autor, canción latinoamericana e o seu folclore, jazz, flamenco, fado … fúndense nunha mestizaxe musical sutil e irrepetible.

Pasión Vega posúe unha das voces e presenza escénicas máis auténticas, máis belas, puras e brillantes do panorama musical actual

Teatro Principal: Pasión Vega "Todo lo que tengo" (música)

View full calendar