Categoría: Actividades culturales Teatro Principal: Medida por Medida


4 Decembro, 2020

Producións Teatráis Excéntricas é a productora dos espectáculos de Mofa&Befa, (Victor Mosqueira e Evaristo Calvo) mais estende a súa actividade a outras producións teatráis que non se limitan á actividade do mítico dúo cómico, tan admirado e copiado. Dos espectáculos de Mofa&Befa, compre destacar Shakespeare para ignorantes (a obra máis vista en Galiza no primeiro trimestre do 2010), Sempre ao lonxe, Finismundi Circus e Para ser exactos. A compañía foi convidada a festivais como Clásicos en Alcalá, Almagro, Almada, Titirimundi, Autonomías de Madrid, Iberoamericano de Bogotá, etc.

“MEDIDA X MEDIDA” Acontece nunha Viena surrealista inventada por Shakespeare. O mandatario Duque Vincenzo pasa á clandestinidade e manda aplicar con todo rigor a lei contra os comportamentos inmorais. Cai a lei por igual sobre o negocio do sexo e sobre a xuventude hedonista.

Un xoven de boa familia é condenado a morte. Isto obriga a Isabella ,a sua irmá monxa, a abandonar o convento por tres dias coa tentativa de salvar a vida do seu pecadento irmán. Un mundo de vicio, perversidade e corrupción tentarán lixar a sua brancura virxinal. Palacios, cadeas e arrabaldos serán o labirinto que percorre Isabella na sua carreira contra a morte. Todo observado dende as sombras por un Duque Vincenzo, irrecoñecível baixo o hábito de frade mendicante.

Unha comedia negra que coquetea constantemente co desastre.

Teatro Principal: Medida por Medida

View full calendar