Categoría: Actividades culturales Auditorio Municipal de Ourense: CICLO ENCLAVE DE CÁMARA. KEBYART ENSEMBLE, CUARTETO DE SAXOS


14 Xaneiro, 2021

Desde a súa creación no ano 2014, converteuse nun dos grupos de cámara con máis proxección da súa xeración. Foron galardoados en prestixiosos concursos nacionais e internacionais: primeiros premios no Orpheus Swiss Chamber Music Competition, International Franz Cibulka Competition, El Primer Palau e o Premio BBVA de Música de Cámara Montserrat Alavedra, entre outros. No ano 2015 foron premiados na 84ª edición do Concurso Permanente de Juventudes Musicales de España .

 

Kebyart Ensemble ofreceu concertos por toda a península e tamén no estranxeiro, en países como Alemaña, China, Francia, Rusia, Austria, Países Baixos, Suíza e Luxemburgo. Foron programados nas temporadas do Palau de la Música Catalana, Auditori de Barcelona, Fundación Juan March… Os seus próximos compromisos levaranos a salas como o Wigmore Hall de Londres, o Konzerthaus Berlin e o Stadt Casino Basel, entre outros.
Todos os públicos
20.30 h
Entradas en ataquilla.com.
Información do Ciclo Enclave de Cámara.

View full calendar