Categoría: Actividades culturales Teatro Principal: “ANDANZAS Y ENTREMESES DE JUAN RANA” (teatro)


30 Xaneiro, 2021

A  Inquisición reúnese para un xuízo secreto que pode cambiar o curso da historia. O acusado: Juan Rana, o comediante máis soado do Século de Ouro. O delito: facer rir ao público de varias xeracións co seu humor irreverente e burlesco onde toda a sociedade queda retratada. As probas: unha selección de entremeses dos máis grandes autores da época (Calderón, Moreto e Quiñones de Benavente, entre outros) que tiveron como protagonista ao xenial actor. As acusacións: blasfemia, desacato, irreverencia, provocación, espírito crítico, herejía…

Posible condena: a fogueira.

Juan Rana: unha festa de pezas breves con música en directo, unha reflexión sobre os límites do humor e unha homenaxe a unha figura esencial do teatro clásico español.

View full calendar