Fondo
     

Allariz de Medo

31-Octubre-2017 - 09:01:44 

Esta fin de semana Allariz converterase nunha pasaxe terrorífica. O Concello xunto coa colaboración das asociacións Alonso de Paredes e Silvardeira organizan para os días 27, 28, 29 e 31 de outubro a segunda edición do programa “ALLARIZ  DE MEDO”.
 
A programación lúdico-festiva, dirixida a público familiar, inclúe pasaxes do terror polas rúas do casco histórico. Dende  o alto do Portelo ata a Praza Maior  as rúas estarán decoradas con motivo desta celebración. Ademais dende ás 20:30h a 22:00h, os transeúntes deberán camiñar con tino xa que poderán atoparse con varias sorpresas propias do Samaín.

Compartir en Twitter