Fondo
     

22º OUFF Festival de Cine Internacional de Ourense

16-Octubre-2017 - 11:16:49 

A vixésima segunda edición do Festival de Cine Internacional de Ourense (OUFF) dará comezo o próximo día 20 de outubro,ás 21 horas ata o día 27 de outubro. 
Durante estes días, o certame proxectará un total de 77 filmes procedentes de 23 países. 
Nesta edición, sácase o Festival á rúa e téntase conectar cá xuventude a través de diferentes iniciativas, como os talleres de cine que se realizarán en La Molinera.
O Festival de Cine Internacional de Ourense acollerá unha retrospectiva adicada ao cineasta arxentino Mariano Llinás. Completarán os focos os programas adicados ás cineastas Marilia Rocha e Jeannette Muñoz. O OUFF mantense así, fiel á súa aposta por dar a coñecer a riqueza e diversidade das cinematografías iberoamericanas.   
 
 
 
 

Pódese ver a programación do 22º Festival de Cine Internacional de Ourense (OUFF) na súa páxina web.
http://www.ouff.org/competicion-iberoamericana-esp/#
Compartir en Twitter