Fondo
     

Noites Teatralizadas en Pazos de Arenteiro

04-Septiembre-2017 - 13:24:11 

Ultimas datas para as visitas teatralizadas de Pazos de Arenteiro, un proxecto do  Concello de Boborás  para dar a coñecer a riqueza cultural e patrimonial da súa aldea Pazos de Arenteiro a través das "Noites teatralizadas" que se celebran todos os venres ás 22.30 horas, unha actividade para todos os públicos e de balde.  Cada visita duraunha hora aproximada e ten varios piares fundamentais: a interacción co público, a música en directo que lle da máis espectacularidade e o compoñente lúdico, coa que trata tamén de facer unha experiencia didáctica para ensinar aos espectadores o que foi Pazos na Idade Media. Os interesados en participar deberán realizar a súa reserva a través dos números de teléfono: 645865080 ou 619442622, xa que o aforo está limitado a 30 persoas. 
Compartir en Twitter