Fondo
     

A Noite dos Metelos na Peroxa

17-Agosto-2017 - 11:58:09 

A zona do Castelo Medieval da Peroxa será o escenario da terceira edición do Festival "A Noite dos Metelos", un evento cultural que mesturará, o vindeiro 19 de agosto, música e gastronomía. .
 
A programación prevista para o evento dará comezo ás 13.00 horas coa charanga Europa e continuará a partir das 14.00 horas co "Xantar de mantel" no Castelo, onde cada grupo poderá levar a súa propia comida ou ben encargala á organización. A música volverá ás 17.00 horas coa charanga Nova Terra de Trives. Ás 20.00 horas será a quenda para o campionato de Lanzamento de Aixada. A gastronomía volve á programación ás 21.00 horas coa "Cea de bocadillo" e a xornada rematará co concerto do grupo Guezos a partir das 22.00 horas. Asemade, durante toda a tarde, estará amenizando a xornada DJ Alex Magic.

Compartir en Twitter