Fondo
     

Festa da Vendima en Leiro

16-Agosto-2017 - 10:08:41 

A XXVIII edición da "Festa da Vendima" mesturará música, gastronomía e artesanía o día 27 de agosto no municipio de Leiro. 
O programa de actividades comeza ás 10.00 horas coa recepción de acios a concurso e posterior exposición. Ás 11.30 horas será a benvida ás autoridades e convidados na Casa do Concello, para dar paso ás 12.00 horas á lectura do Pregón na praza do Cruceiro que nesta edición correrá a cargo da comisionada do Goberno fronte ao reto demográfico, Edelmira Barreira. O desfile de carrozas e charangas comezará ás 12.30 horas desde a rúa Gabino Bugallal ata o Campo da Feira e, ás 14.00 horas, será a visita ao XIV Mercado Artesanal que estará instalado no Salgueiral. O xantar popular comezará ás 14.30 horas.
Pola tarde, a partir das 16.30 horas celebrarase a entrega de premio aos gañadores dos concursos de Acios e Carrozas e continuarase con actividades infantís e festa no Salgueiral. O deporte terá o seu espazo tamén na celebración co partido de presentación do C.F. Leiro ás 17.45 horas. Por último, será a música a encargada de pechar esta celebración co concerto de corais da Vendima ás 20.00 horas e coa actuación en directo no Salgueiral ás 21.00 hora

Compartir en Twitter