Fondo
     

Noites Teatralizadas en Pazos de Arenteiro

17-Julio-2017 - 09:51:44 

O Concello de Boborás dará a coñecer a riqueza cultural e patrimonial da súa aldea Pazos de Arenteiro a través das "Noites teatralizadas" que se celebrarán todos os venres, do día 14 de xullo ata o 15 de setembro, ás 22.30 horas, unha actividade para todos os públicos e de balde. 
Cada visita durará unha hora aproximada e ten varios piares fundamentais: a interacción co público, a música en directo que lle dará máis espectacularidade e o compoñente lúdico, coa que tratamos tamén de facer unha experiencia didáctica para ensinar aos espectadores o que foi Pazos na Idade Media.
Os interesados en participar deberán realizar a súa reserva a través dos números de teléfono: 645865080 ou 619442622, xa que o aforo está limitado a 30 persoas. 

Compartir en Twitter