Fondo
     

Todo preparado para celebrar as Festas patronais de San Bieito en Allariz

03-Julio-2017 - 13:57:52 

Allariz celebra os días 6, 7, 8 e 9 de xullo as festas patronais de San Bieito.
 
Os actos, organizados pola concellería de cultura, comezan o xoves día 6 co concerto a cargo do Corro das Mulleres de Allariz na Igrexa de San Bieito. Continúan o venres, coa novidosa participación da D.O. de Monterrei, que realizará varias catas para a hostalería e público xeral, e o Concello de Rianxo que participa nas II Xornadas Gastronómicas na que os visitantes poderán degustar bo viño e mexillóns e xoubas de Rianxo.
 
A festa prolongarase ata o domingo con actividades para nenos, como a Arnoia Radical, e actuacións musicais a cargo de bandas de música, orquestras e grupos musicais. Os xigantes e cabezudos serán parte importante o día 8 e desfilarán acompañados da agrupación De Pé Feito.
 
A festa rematará, como é tradición, co espectáculo de pirotecnia, ás 00:30h dende o Campo de Vilanova.
 
Os actos relixiosos estarán presentes durante toda a semana.

Compartir en Twitter