Fondo
     

Programa cos Entroidos da provincia

20-Febrero-2017 - 11:05:43 

O Programa Provincial de Entroidos 2017 reúne máis de 100 actividades do 23 de febreiro ao 5 de marzo, organizadas por diferentes municipios da xeografía ourensá. O programa resume día a día cales son as manifestacións do Entroido máis importantes en cada unha das localidades e tendo como protagonistas as figuras senlleiras desta festa", afirmou o presidente do goberno provincial.
 
Se van a editar 12.000 exemplares que serán remitidos a todas as Oficinas de Turismo das principais cidades galegas e mesmo fóra de Galicia,e tamén a todos os establecementos hoteleiros da nosa provincia, para divulgar esta riqueza cultural. Así mesmo, emitirase en diferentes televisións locais, un spot publicitario sobre o Entroido de Ourense que contribúe a promocionar esta celebración ligada a nosa cultura, a nosa historia e a nosa identidade.
 

Compartir en Twitter