Fondo
     

O INORDE presente no I Congreso Nacional de Ecoturismo

25-Noviembre-2016 - 09:58:58 

Ourense, 23 de novembro de 2016.- O Inorde e a Deputación de Ourense está presente no  Congreso Nacional de Ecoturismo coa participación do xerente do Inorde, José Manuel Rodríguez neste evento que se está a celebrar no municipio de Daimiel, Cidade Real, desde onte martes, 22 de novembro ata o 24 de novembro. A celebración deste congreso enmárcase dentro do Protocolo de colaboración para o fomento do produto ecoturismo na Rede de Parques Nacionais e na Rede de Reservas da Biosfera Españolas, firmado no ano 2015, entre a Secretaría de Estado de Turismo e o Organismo Autónomo de Parques Nacionais.
 
A finalidade deste Congreso é debater sobre os mellores instrumentos para unha xestión de ecoturismo en España, e que concite aos actores mencionados, trátase de mellorar o produto e os seus destinos. O evento está dirixido a técnicos de turismo responsables deste produto nas CC.AA., xestores dos Parques Nacionais, técnicos de administracións ambientais autonómicas, xestores do recurso biodiversidade, asociacións de turismo situadas en espazos protexidos, técnicos de grupos de desenvolvemento rural, operadores turísticos nacionais e internacionais especializados en ecoturismo, asociacións de consumidores, universidades relacionadas coa xestión do produto.

A programación comezou onte con relatorios que abordaron os temas do Ecoturismo no mundo e en España, o Ecoturismo e a conservación da natureza, así como mesas redondas para debater sobre este produto en España, o modelo de ecoturismo da Rede de Parques Nacionais e a Rede de Reservas da Biosfera Españolas, a situación do sector privado do ecoturismo, e a aplicación do Plan sectorial de turismo de natureza e biodiversidade. Pola tarde, realizaronse mesas de traballo organizadas por grupos nas cales se prepararon recomendacións para a planificación do produto ecoturismo. Nestas mesas de traballo, organizadas por temáticas, abordaron cuestións como o concepto e produto ecoturismo, requisitos de calidade e sostibilidade e formación do sector, desenvolvemento do produto ecoturismo como experiencia inesquecible, promoción e comercialización, e sinerxias entre o sector privado e o público: mecanismos e financiamento do ecoturismo. Foi neste último grupo de traballo no que participou o xerente do Inorde, José Manuel Rodríguez quen afirmou que "os produtos agroalimentarios autóctonos se convertan en actores de atracción do Ecoturismo. Poñer en valor os produtos elaborados en espazos naturais e as súas zonas de amortiguación a través da promoción do Ecoturismo".
 
Na xornada de hoxe será a quenda para os relatorios sobre a promoción do ecoturismo por Turespaña, a Rede de Parques Nacionais e o seu valor como experiencia turística, o ecoturismo experiencial, entre outras. Pola tarde, exporán as conclusións ás que chegaron as cinco mesas de traballo da xornada anterior e, posteriormente, darán lectura á Declaración de Daimiel sobre ecoturismo e, por último, terá lugar a clausura do congreso.
 
O xoves, 24 de novembro, os congresistas dividiranse en dous grupos para realizar unha visita técnica na que poderán probar as experiencias de ecoturismo que ofrecen os parques nacionais; un grupo no Parque Nacional de Tablas de Daimiel e o xacemento arqueolóxico Motilla del Azuer, e o outro grupo, no Parque Nacional de Cabañeros.
Compartir en Twitter