Fondo
     

A Deputación de Ourense e o INORDE están presentes en Termatalia 2016, en México

30-Septiembre-2016 - 09:00:42 

A Deputación de Ourense e o INORDE están  presentes na nova edición de Termatalia, que baixo o lema "Naturalmente saudable", reune desde o 29 de setembro ata o 1 de outubro a máis de 200 expositores e a profesionais de máis de 35 países, no estado de Coahuila, en México.
 
Termatalia, a feira internacional de turismo termal, desenvolve este ano, a súa terceira edición en América, na que participará a deputada provincial de Turismo, Ana Villarino, ofrecendo un relatorio sobre "Programas innovadores de Turismo social – Tren Balnearios", no cal explicará os obxectivos e liñas estratéxicas do plan termal provincial, así como, os produtos innovadores do plan, como son o termalismo deportivo, os trens turísticos e o termalismo social. Pola súa parte, o xerente do Inorde, José Manuel Rodríguez, ofrecerá un relatorio centrado no termalismo deportivo na provincia de Ourense. Dúas intervencións que levarán a "Marca Ourense" ata o escaparate internacional de turismo termal.
 
Asemade, no ámbito cultural, a Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense, tamén viaxou a México, onde terá unha intensa actividade, coa actuación no programa Portafolio da TV RCG, en Coahuila, e con diferentes concertos, coa colaboración da Asociación de Empresarios e o Centro Galego de México.

Compartir en Twitter