Fondo
     

Entroido de Verán na cidade de Ourense

12-Septiembre-2016 - 09:39:03 

A segunda edición do Entroido de Verán terá lugar o vindeiro sábado, día 17 de setembro, polas rúas do casco vello da cidade en colaboración coa Asociación Praza do Correxidor. 
O Entroido contará cun desfile que sairá ás 21:30 horas da Praza Maior, percorrendo a rúa Lamas Carvajal, praza de Santa Eufemia, rúa da Paz, praza do Ferro, rúa dos Fornos, para rematar na praza do Correxidor. A entrega de premios será á 01:00 horas nesta última praza. Na elección dos gañadores, que serán valorados por un xurado formado por cinco membros, terase en conta a orixinalidade, a chispa diante do público, o vestiario, a maquillaxe, a caracterización e a creatividade. Para este concurso establécense premios individuais, por parellas, de grupos e un especial á mellor foto colgada no facebook “Entroido de verán en Ourense”.
 
 
 
 

Compartir en Twitter