Fondo
     

I Trail Ribeira Sacra

08-Septiembre-2016 - 09:44:11 

Trail Ribeira Sacra, unha proba deportiva que se disputará o vindeiro 2 de outubroen Luintra. A proba consta de dúas modalidades: trail curto, de 24 quilómetros, cun desnivel positivo (subida) de 1.300 metros, e trail longo, de 50 quilómetros, que terá un desnivel positivo de 2.900 metros. As inscricións poden realizarse ata o día 26 de setembro, e teñen un custe de 15 € e 25 € dependendo da proba que se queira correr. A formalización da inscrición, así como a xestión de dorsais e información sobre o percorrido e regulamento está a disposición dos deportistas na web: www.trailribeirasacra.es
O percorrido, con saída de Luintra, discorrerá polos pobos de Baldomar, Frontes, Fontefría, Liñares, Nogueira, Casas novas, Pena do Chao, Monte Verde, Fiscal, Sobrado, Mirador de Moura, Paradela, Mosteiro de Santo Estevo, Pombar, Acevedo, Cortecadela, Mundín e regreso a Luintra.

Compartir en Twitter