Fondo
     

A cuarta edición dos trens turísticos de Galicia acada o viaxeiro 1.000

08-Agosto-2016 - 12:19:02 

Nava Castro destaca que este programa é un exemplo de produto de calidade grazas á creación de sinerxías que combinan o aproveitamento turístico do territorio e a preservación do medio ambiente
Os trens turísticos de Galicia estanse a consolidar como un dos produtos turísticos máis demandados deste verán
O presidente do INORDE, Rosendo Fernández, acompañado da directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e Oscar Sainz participou hoxe no acto de entrega do distintivo ao viaxeiro 1.000 da Cuarta Edición do Tren Turístico que percorre a Ruta do Viño da Ribeira Sacra, un dos nove itinerarios que constitúen o programa ‘Galicia a todo tren’, promovido por Turismo de Galicia coa colaboración de Renfe e o INORDE.
A pasaxeira premiada, Ana Tablada, de orixe galega e residente en Madrid, realizaba a viaxe acompañada da súa familia.
Nesta cuarta edición as diversas rutas temáticas dos trens turísticos están acadando o 90-100% de ocupación.
Neste senso, a directora de Turismo de Galicia sinalou que de seguir así, superaríanse os datos alcanzados pola campaña do pasado verán na que se obtivo unha ocupación do 87%, superando os 2.200 pasaxeiros, fronte aos 600 da primeira edición.
 

Compartir en Twitter