Fondo
     

Visitas teatralizadas al mosteiro de San Pedro de Rocas

03-Agosto-2016 - 09:22:40 

O teatro chega ao Mosteiro de San Pedro de Rocas, e faino a través de visitas teatralizadas a este emblemático lugar da xeografía ourensá, tódolos mércores e domingos, desde o día 6 de agosto ao 17 de setembro, ás 22.00 horas. 
A trama das visitas remóntase ao século XII cando un cabaleiro medieval busca sosego espiritual neste Mosteiro. En soños, a figura dun dos seus lendarios monxes sérvelle de guía para facer un percorrido pola historia dun cenobio singular e os seus moradores. A representación consta de aproximadamente sete escenas, e a clave destas visitas é a interactuación, para que os espectadores coñezan máis o conxunto, a súa historia, e a cultura galega, cunha duración aproximada de 55 minutos, nas que poderán participar en cada representación un grupo de 25 persoas para que sexa doado interactuar.
Todos os interesados en asistir a estas visitas, poderán facelo de forma gratuíta inscribíndose previamente no número de teléfono do Concello de Esgos (988-290-000), ou no número de teléfono do Centro Cultural “Marcos Valcárcel” (988-317-895)

Compartir en Twitter