Fondo
     

Músicas de Sofá

27-Julio-2016 - 13:37:00 

Arranca a segunda edición das “Músicas de Sofá” que terá lugar os días 3 e 4 de agosto na vila do Carballiño. O ciclo, organizado polo Concello do Carballiño, xunto coa Asociación Cultural os Serandeiros, é un festival urbano onde os grupos actúan en distintos “salóns” ubicados no centro da vila. O obxectivo é achegar unha gran variedade de estilos musicais aos más de 150.000 visitantes que se esperan durante as dúas semanas que preceden á celebración da Festa do Pulpo.
Tras o éxito da primeira edición, este ano o 2º Ciclo de Músicas de Sofá conta con importantes novidades. Por unha parte, os concertos pasan de un a dous días, contando cun total de 5 grupos frente aos 3 do ano pasado. Más de 10 horas de música que farán chegar aos asistentes estilos musicais tan variados como o Jazz, Folk, Reggae, Rocksteady & Ska e o Funk-Groove. Ademáis este ano as actuacións serán consecutivas e non simultáneas, có fin de que os asistentes podan disfrutar dos concertos na súa totalidade.

Compartir en Twitter