Fondo
     

A Ponte Romana de Ourense, escenario da segunda xornada da XXXI Xuntanza Internacional de Gaiteiros

19-Julio-2016 - 13:17:53 

Este evento, que renderá homenaxe ao gaiteiro Pepe Temprano, celebrarase o vindeiro domingo, 24 de xullo, ás 21.00 horas.
Ourense, 19 de xullo de 2016.- A Ponte Romana de Ourense acolle a segunda xornada da XXXI edición da "Xuntanza Internacional de Gaiteiros" o vindeiro domingo, 24 de xullo, ás 21.00 horas. 
En canto ao cartel da celebración comeza coa interpretación do himno da Xuntanza e, continúa a desenvolverse o programa coas actuacións da Banda de gaitas Devandoira de Lugo, Evgenia Panta (Grecia), David López García (Cantabria), Pepe Temprano (A Coruña), Jarig Platinga (Holanda), Cantareiras da Real Banda, Daniel García de la Cuesta (Asturias), Mikiko Watanabe & Antón Varela (Xapón – Galicia), Lua Nova-Gaiteiros de Mogadouro (Portugal), e a Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense.

Compartir en Twitter