Fondo
     

Festa do Pan de Cea

30-Junio-2016 - 09:23:08 

Chega xullo  e co o mes, sempre o primeiro domingo, chega a Festa de  Exaltación do Pan de Cea.O sábado, 2 de xullo, o programa de actividades comeza coa tradicional "Ruta dos Fornos" pola vila de Cea, entre as 19.00 e as 22.00 horas, e contará coa animación do grupo "Vai de Baile". Asemade, ás 17.30 horas, terá lugar na Praza Maior unha mostra de cociña en vivo a cargo da chef ourensá Emma Pinal, e a xornada rematará co concerto de Lichis (ex Cabra Mecánica), a partires das 23.00 horas.
 
O domingo, 3 de xullo, será a xornada grande da festa, na que haberá música de pasarrúas e o pregón, ás 13.00 horas, a cargo do exciclista galego Óscar Pereiro, gañador do Tour de Francia 2006. A continuación terá lugar a homenaxe aos panadeiros xubilados, e posteriormente, a degustación de produtos típicos galegos e o tradicional xantar da festa, que comezará ás 14.30 horas. A xornada continuará logo con música e baile na festa e verbena, a cargo da orquestra Fin de Siglo.

Compartir en Twitter