Fondo
     

Descubre a mellor ruta con raquetas de neve, o vindeiro 3 de febreiro en Trevinca

01-Febrero-2019 - 13:02:42 

Terras Altas de Trevinca organiza para os amantes do sendeirismo invernal, unha ruta
en Trevinca camiñando con raquetas, descubrindo lugares descoñecidos e desfrutando
da neve dun xeito diferente.
Un dos obxectivos principais da actividade é o coñecer o entorno de Pena Trevinca en
inverno, flora, fauna, xeoloxía, os seus valores tanto etnográficos como culturais que a
fan distinta de calquera outra. Unha maneira de desfrutar do sendeirismo por un terreo
cun enorme valor natural. A nivel técnico os participantes familiarizaranse coas técnicas
de progresión por terreo elevado, mediante o uso de raquetas de neve.
A actividade será presentada no Centro de Visitantes ZEC Pena Trevinca, en Ponte, o
día 3 de febreiro, a partires das 9:30h da mañá. Cunha charla informativa sobre a ruta
e indicacións técnicas do uso das raquetas.
A actividade será dirixida polo Guía Local de Montaña, Juanjo Lorenzo. Guiará aos
participantes polo sendeiro de montaña PR-G 200 ata o Alto do Fial, de ahí ata o Mirador
da Lagoa da Serpe para logo descender ata Ponte.
Convídase a todalas persoas interesadas a participar, consultando previamente nivel e
material preciso para realizala. Con anterioridade á contratación da actividade, consultar
dispoñibilidade de prazas, dado que son limitadas.
Info: guias@terrasaltasdetrevinca.es
Tfno. 722 336 822

Compartir en Twitter