Fondo
     

O Inorde organiza no balneario de Laias unha xornada profesional de turismo deportivo

27-Noviembre-2018 - 13:01:43 

O INORDE impulsa o ecosistema de turismo deportivo da provincia

O Inorde organiza no balneario de Laias unha xornada profesional de turismo deportivo co obxectivo de seguir potenciando Ourense como destino referente no mundo do deporte
 
A xornada, na que se dan cita 120 persoas, analiza a importancia que supón a innovación do turismo deportivo, unha actividade que representa o 10 % do movemento turístico en España
 
Este cumio –con expertos nacionais en innovación e tendencias, destinos, patrocinadores e eventos- ten como obxectivo seguir potenciando Ourense como destino referente no mundo do deporte aproveitando a súa situación xeoestratéxica e a súa orografía.

O Inorde da un novo impulso ao ecosistema de turismo deportivo da nosa provincia coa organización, dunha xornada profesional de turismo deportivo, co obxectivo de seguir potenciando Ourense como destino referente no mundo do deporte aproveitando a súa situación xeoestratéxica e a súa orografía.
 
A xornada na que participan 120 persoas, ten hoxe 27 de novembro, no Balneario de Laias, desde as 9.00 ata as 14.30 horas. O evento formativo afonda na importancia do turismo deportivo, unha actividade que representa o 10% do movemento turístico en España.
 
Este cumio –que conta con expertos nacionais en materia de innovación e tendencias, destinos, patrocinadores e eventos- trata de afondar nunha das propostas que presentou Manuel Baltar en Fitur, na que presentou a provincia como destino de turismo deportivo.
 
Os obxectivos deste impulso ao Turismo Deportivo son:
 
* Xerar impacto económico
 
* Desestacionalizar o destino
 
* Constituirse en referencia para conseguir eventos deportivos
 
* Incrementar as instalacións existentes.
 
A sesión formativa articúlase en catro paneis: “Innovación e tendencias”, moderado polo redactor de Deportes e Negocio do Diario Expansión, Víctor Cruzado; “Destinos”, moderado polo director xeral da Asociación de Marketing de España, Víctor Conde; “Patrocinadores”, moderado polo gañador do Tour de Francia 2006, Óscar Pereiro; e, por último, o panel de “Eventos”, moderado pola directora do World Football Summit, Marian Otamendi.
 
Ao remate dos relatorios de cada panel, celébrase un debate entre os profesionais de cada área para analizar as liñas de consenso, aglutinando a súa experiencia práctica e os seus coñecementos sobre cada unha das materias.
Compartir en Twitter