Fondo
     

Magosto na cidade de Ourense

08-Noviembre-2018 - 10:03:10 

O Parque Barbaña acolle, este domingo 11 de novembro, o tradicional Magosto organizado polo Concello de Ourense
 
 
 
Coincidindo co día do patrón da cidade, o San Martiño, o Concello celebra unha das festas con maior arraigo popular: o Magosto, declarada de interese turístico de Galicia. 
 
A fogueira comezará a arder ás 17:00 horas, e só media hora despois comezará a venda de tíckets, a 1 €, para recoller o menú desde as 18:00 horas: cucurucho de castañas, pan con chourizo, e viño ou auga. Haberá tamén obradoiros infantís e animación musical a cargo dos Daniñas, que se encargará de acompañar a xente desde o centro da cidade até o Parque, e pola Agrupación AOFT Gomes Mouro.
 
Outros Magostos
Lémbrase  que para solicitar permisos para facer Magostos populares dentro dos límites do Concello de Ourense, haberá que dirixirse á Concellería de Comercio. Se o lugar elixido para a celebración do Magosto é o parque de Montealegre, a solicitude deberá dirixirse á concellería de Medio Ambiente

Compartir en Twitter