Fondo
     

Feira do Outono en Allariz

05-Noviembre-2018 - 13:15:34 

Allariz celebra os días 10 e 11 de novembro a XXIII Feira do Outono é un evento gastronómico que ten por obxectivo a promoción, potenciación e valorización dos produtos de outono como mel, cogomelos, noces, castañas e os seus derivados, entre outros. 
Exposición micolóxica, no Mercado de Produtos da Reserva da Biosfera, concursos e demostracións de cociña en vivo e actividades para crianzas e maiores. 
Ademais, os restaurantes e taparías da vila ofrecen menús e tapas elaboradas con produtos de outono

Compartir en Twitter