Fondo
     

Allariz de Medo

29-Octubre-2018 - 14:25:42 

Allariz organiza a terceira edición do Allariz de Medo, coincidindo coa celebración do Samaín, entre os días 31 de outubro e 4 de novembro.
 
A cultura galega estará presente na ambientación das rúas do casco histórico de Allariz que se converterá nunha pasaxe de medo.  Dende  o alto do Portelo ata a Praza Maior  as rúas estarán ateigadas de ánimas, meigas e outros seres do máis alá.
 
Dende o Concello sinalan que este non é un circuíto de terror senón que é unha proposta de ambientación dirixida a público familiar.

Compartir en Twitter