Fondo
     

Arte de man en Allariz

05-Septiembre-2018 - 10:43:27 

O casco histórico de Allariz acolle o vindeiro domingo, 9 de setembro, unha nova edición do Mercado de Artesanía “Arte de Man”. A cita, que reunirá a un total de 30 artesáns galegos, terá lugar na Praza Maior e Praza de Abaixo en horario 11:00h a 20:00h.
 
Arte de Man ofrece exposición e venda de distintas disciplinas artesas, tradicionais e innovadoras, como a cerámica, pintura, debuxo e gravado, escultura, xoiería e bixutería, téxtil, vidrería, coiro ou madeira, entre outros. Ademais, a xornada completarase con varios obradoiros e demostracións ao vivo de talla de cristal, cestería, elaboración de tecidos con tear e palillando.

Compartir en Twitter