Fondo
     

Festa da vendima en Leiro

23-Agosto-2018 - 11:55:41 

 A XXIX edición da Festa da Vendima de Leiro enxalzará, o vindeiro domingo, 26 de agosto, o cultivo da vide que xera unha importante riqueza na comarca, cun completo programa de actividades que aglutina o tradicional desfile de carrozas e charangas, artesanía, gastronomía, deporte e música.
 
O programa de actividades dará comezo ás 10.00 horas coa recepción de Acios ao concurso, para continuar ás 11.30 horas coa recepción a autoridades e convidados na Casa do Concello. Ás 12.00 horas será a lectura do pregón que nesta edición correrá a cargo de Marcos Pereiro, de "Mucha e Nucha", na praza do Cruceiro. O tradicional desfile de carrozas e charangas desde a rúa Gabino Bugallal ata o Campo da Feira terá lugar ás 12.30 horas, e a esa mesma hora, terá lugar a segunda edición de coches clásicos. Ás 14.00 horas comezarán as actividades instaladas no Salgueiral co XV Mercado Artesanal e se  celebrará a primeira Mostra dos Viños de Leiro, continuando ás 14.30 horas co xantar popular. 
 
A entrega de premios aos gañadores dos concursos de Acios e Carrozas será ás 16.30 horas.Despois da entrega de premios haberá actividades infantís e continuará a festa no Salgueiral. O deporte chegará ás 17.45 horas coa celebración do partido de presentación do C.F. Leiro contra o C.F. Cortegada. Ás 20.00 horas será a quenda para a música co concerto de Corais da Vendima e ás 21.00 horas tamén haberá unha actuación musical como peche das actividades da xornada.

Compartir en Twitter