Fondo
     

Ribeiro Blues Wine Festival,

07-Agosto-2018 - 10:06:34 

O parque náutico de Castrelo de Miño volverá a ser o escenario da quinta edición do Ribeiro Blues Wine Festival, cun cartel musical no que se darán cita artistas de recoñecido prestixio nacional e internacional, os días 10 e 11 de agosto. 
 
O Ribeiro Blues Wine Festival é un festival que se consolida no calendario do verán de toda Galicia, no que a música e a gastronomía están ao servizo das adegas e os colleiteiros da Denominación de Orixe do Ribeiro. 
 
No cartel deste ano destaca "un trío de ases"  que son Raimundo Amador, Martha High de USA e Claudio Gabis de Arxentina, que van a estar acompañados polas mellores bandas españolas e galegas como: Mad Martin Trío, Susan Santos, Deteriorados ou Pardo. E como broche final pecharán as noites sesións dj a cargo de RBWF e Isaac Pedrouzo. As actuacións comezarán ambos días ás 21.00 horas.


Compartir en Twitter