Fondo
     

Festa dos callos Limiaos en Lobios

06-Agosto-2018 - 12:00:52 

O municipio de Lobios acollerá, o día 19 de agosto, a XXI edición da Festa dos callos limiaos e a XI edición da Carretada de Lobios, un evento gastronómico e etnográfico no que tamén haberá espazo para a artesanía, a música e os xogos populares. 
 
Esta celebración naceu co obxectivo de ser un lugar de encontro entre os que estamos alí todo o ano e os retornados que veñen pasar alí as súas vacacións. A programación prevista para ese día que comezará ás 11.30 horas coa feira de artesanía, na travesía principal do municipio. Ás 12.00 horas chegará a música a esta celebración da man da Banda de Música de Lobios, e ás 13.30 horas, no pavillón municipal, terá lugar a degustación dos callos limiaos, unha celebración que naceu hai máis de vinte anos e que se celebra o penúltimo domingo de agosto, para aproveitar que os turistas e emigrantes da zona están de vacacións. 
 
Pola tarde, ás 15.30 horas terá lugar nas piscinas municipais, unha festa acuática para os máis cativos e, ás 17.00 horas, celebrarase o III Torneo de xogos populares .
 
Por último, ás 20.00 horas, será a XI edición da Carretada que consiste nunha competición na que, por parellas, teñen que tirar do carro nun circuíto pechado tratando de facelo no menor tempo posible.

Compartir en Twitter