Fondo
     

Festas de San Bieito en Allariz

10-Julio-2018 - 08:55:21 

Allariz xa está preparado para celebrar as festas patronais de San Bieito que terán lugar  do 12 ao 15 de xullo.
 
A programación ademais de música galega, actividades deportivas e o tradicional espectáculo pirotécnico inclúe unha nova edición das xornadas gastronómicas, no que será protagonista o viño da DO da Ribeira Sacra e os produtos do mar do Concello de Moaña.
 
Os actos, organizados pola concellería de cultura, comezan o xoves día 12 co concerto a cargo da Agrupación Coral Arnoia, na Igrexa de San Bieito e continúan o venres coas xornadas gastronómicas nas que veciños e visitantes poderán degustar bo viño e marisco.
 
A festa prolongarase ata o domingo con actividades familiares, como a Arnoia Radical, e actuacións musicais a cargo de bandas de música, orquestras e grupos musicais. Os xigantes e cabezudos serán parte importante o día 14 e desfilarán acompañados da agrupación De Pé Feito.
 
A festa rematará, como é tradición, co espectáculo de pirotecnia, ás 00:30h dende o Campo de Vilanova.

Compartir en Twitter